venres, 1 agosto 2008

Miguel Bosé presentará a súa xira "Papitour" no Peirao de Trasatlánticos o vindeiro 5 de agosto

venres, 1 ago 2008

O Peirao de Trasatlánticos do Porto de Vigo será o escenario no que o artista Miguel Bosé ofrecerá o seu espectáculo "Papitour" o vindeiro martes. 5 de agosto, nun concerto que contará con medios técnicos da última xeración. Na presentación da actuación, o concelleiro de Cultura Xesus López, salientou que será, con toda seguridade, o "concerto estrela" da Semana Grande de Vigo e agradeceu aos representantes das institucións implicadas na celebración do concerto o seu apoio, a Autoridade Portuaria, o Club Náutico, Caixanova, e a propia promotora Articket, presentes no acto

O Monte de A Guía acolle mañá unha nova cita gastronómica coa celebración da Festa da Sardiña

venres, 1 ago 2008

A organización servirá 1.500 quilos deste manxar tan típico do verán e ten previsto un programa festivo que se alongará ata ven entrada a madrugada

A segunda das citas gastronómicas recollidas dentro das Festas de Verán de Vigo 2008 terá lugar mañá no escenario natural do Monte de A Guía. Será o enxalzamento da Sardiña, un día no que os asistentes poderán degustar 1.500 quilos deste produto de mar e que dará comezo ás 10 da mañá. Xunto coa sardiña, vanse servir 500 quilos de pan de millo e outras alternativas para as mesas típicas das romarías, como churrasco, tortillas ou empanada.