Escoitar

O Monte de A Guía acolle mañá unha nova cita gastronómica coa celebración da Festa da Sardiña <br />

A organización servirá 1.500 quilos deste manxar tan típico do verán e ten previsto un programa festivo que se alongará ata ven entrada a madrugada <br /> <br /> A segunda das citas gastronómicas recollidas dentro das Festas de Verán de Vigo 2008 terá lugar mañá no escenario natural do Monte de A Guía. Será o enxalzamento da Sardiña, un día no que os asistentes poderán degustar 1.500 quilos deste produto de mar e que dará comezo ás 10 da mañá. Xunto coa sardiña, vanse servir 500 quilos de pan de millo e outras alternativas para as mesas típicas das romarías, como churrasco, tortillas ou empanada. <br />

venres, 1 ago 2008
Os veciños e asiduos a este tipo de celebracións, poderán facerse coas súas racións de sardiñas dende primeiras horas da mañá nunha xornada que terá o seu arranque musical ás 11 horas coa actuación do grupo de gaitas Amigos de A Guía. Ao redor das 13 horas farase entregara da Sardiña de Ouro, que este ano será para a Asociación Freixeiro de Axuda oa Necesitado, AFAN, e que recollerá Hortensia González, máis coñecida polas viguesas e os vigueses como Tensi. A música seguirá ao longo da xornada con diferentes grupos de baile, gaitas, pandereteiras a partires das 16.30 horas e nunha tarde que pretende converter nunha festa galega en toda regra. Xa entrada a noitiña, a festa continuará con verbena que se alongará ata as dúas da madrugada e que porá o punto e final a esta celebración.