Miguel Bosé presentará a súa xira "Papitour" no Peirao de Trasatlánticos o vindeiro 5 de agosto<br />
O Peirao de Trasatlánticos do Porto de Vigo será o escenario no que o artista Miguel Bosé ofrecerá o seu espectáculo "Papitour" o vindeiro martes. 5 de agosto, nun concerto que contará con medios técnicos da última xeración. Na presentación da actuación, o concelleiro de Cultura Xesus López, salientou que será, con toda seguridade, o "concerto estrela" da Semana Grande de Vigo e agradeceu aos representantes das institucións implicadas na celebración do concerto o seu apoio, a Autoridade Portuaria, o Club Náutico, Caixanova, e a propia promotora Articket, presentes no acto<br />
O concelleiro de Cultura subliñou na súa intervención que este concerto se enmarca na ampla programación organizada con motivo das festas de Vigo, "dirixidas a un amplo abano de público" e nas que se utilizan "os máis diversos espazos emblemáticos da cidade". Entre eses espazos, o nacionalista Xesus López sinalou que o Peirao de Trasatlánticos xoga un papel fundamental, en tanto que tradicionalmente acolle a actuación de grandes artistas como é o caso de Miguel Bosé, que presentará a súa última xira "Papitour".
O concerto que Miguel Bosé ofrecerá o vindeiro martes, 5 de agosto ás 22.30 horas, no Peirao de Trasatlánticos de Vigo contará con medios técnicos de última xeración. Así, o escenario será de 24 metros de longo e unha estrutura que chega aos 40 metros, ademais de varias torres de vídeo nas que se proxectará a actuación. En total, despregaranse 150.000 watios de luz e 40.000 de son. Cunha capacidade próxima ás 10.000 persoas, a organización prevé que será un evento multitudinario, posto que xa están vendidas máis de 5.000 entradas. Poden adquirirse a través da web www.caixanova.es, no númeor 902 504 500, ou no Media Markt Centro Comercial A Laxe a un prezo de 25 euros anticipada ou 28 o día do concerto, segundo explicou Bibiano Morón, da promotora Articket.
O presidente da Autoridade Portuaria, Xesus Paz, salientou que para esta entidade resulta moi importante "sumarse á posibilidade de celebrar grandes concertos", pese ás dificultades existentes para compatibilizalos coa actividade diaria do porto, en referenza a constante entrada de trasatlánticos. Non obstante, subliñou a estreita colaboración entre a institución que preside e o Concello de Vigo, en especial, a Concellería de Cultura, na organización de distinto tipo de actividades culturais.
"Para nós é unha gran satisfacción participar na presentación dun concerto como o de Miguel Bosé e o que implica na filosofía de facer cidade", destacou o presidente do Club Náutico, Franco Cobas. O director da Obra Social de Caixanova, Luis Guede, pola súa banda, expresouse no mesmo sentido, ao afirmar que para Caixanova é un "orgullo" participar na celebración deste concerto.
Descargar todas as imaxes