Escoitar

A azotea do Verbum acollerá durante o mes de agosto o espectáculo multidisciplinar "Mércores ao solpor"<br />

O espectáculo multidisciplinar "Mércores ao solpor" será unha das actividades protagonistas durante o mes de agosto do Museo Verbum – Casa das Palabras, segundo anunciaron este xoves o concelleiro de Cultura, Xesus López, e o director do museo, Rosendo Covelo. Todos os mércores, ás 20.30 horas e ao prezo dun euro, distintos artistas de diversas disciplinas artísticas interectuarán co público asistente.<br />

xoves, 31 xul 2008
1217509423Verbum.JPG
"Co programa Mércores ao solpor, o Verbum convértese en contenedor dinamizador cultural de arte ao vivo", salientou o concelleiro de Cultura. Xesus López, na súa intervención lembrou que xa no quinto aniversario do museo, celebrado o pasado mes de abril, sinalara que o obxectivo da Concellería de Cultura e da dirección do Verbum consisten en "achegármonos ao mundo da palabra, da linguaxe e das diferentes formas de comunicación". E segundo o edil nacionalista, con este programa "estámolo a cumprir".

Xesus López, ademais, subliñou que con "Mércores ao solpor", o Verbum aposta por unha "experiencia novidosa", dando cabida a outras linguaxes "compañeiras da palabra", como son a música e a danza. Neste sentido incidiu o director do Verbum, Rosendo Covelo, quen explicou as distintas propostas que se levarán a cabo ao longo do programa. Así, o mércores 6 de agosto será tempo para disfrutar dunha das voces máis orixinais e de maior calidade da escena musical galega, a cantante Mónica de Nut, que mesturará a tradición galega con correntes musicais de vangarda acompañada por músicos do ISGA collective.

O mércores 13 de agosto, a poeta Lucía Aldao recitará as súas últimas creacións fusionadas con música electrónica e jazz. O mércores 20 de agosto, a actriz Iria Pinheiro transformará a azotea, e mesmo o solpor, nun particular "cabaret", onde a palabra e a interpretación serán protagonistas dentro dunha estética pouco convencional. E finalmente, o mércores 27 de agosto, unha das novas revelacións da danza contemporánea galega, Anuska Alonso, será a encargada de poñer no escenario a súa expresividade, mediante o diálogo entre os músicos de Sulxeitos e a propia bailarina.

O director do Verbum sinalou que, nesta terceira edición do festival, as actuacións terán lugar ás 20.30 horas e o seu custe será dun euro por persoa.

Descargar todas as imaxes