Escoitar

La Quinta Estación actuará por primeira vez en Vigo cun espectáculo moi coidado e familiar <br />

O Auditorio de Castrelos acollerá este sábado unha das xiras máis exitosas do verán. O grupo La Quinta Estación actuará por primeira vez en Vigo nun concerto que foi presentado esta mañá polo concelleiro de Cultura, Xesús López, e unha responsable da promotora do evento, Raquel Seijo. O recinto volverá a encherse de público esta fin de semana "evidenciando unha clara aposta por Castrelos", afirmou o edil nacionalista, quen fixo fincapé no "efecto" tan positivo que causa o escenario nos artistas. Xesús López fixo referencia á actuación de Roger Hodgson, quen logo de rematar o seu concerto e "abrazarse ao seu manager polo gran éxito" declarou que "Vigo é o segredo mellor gardado".<br />

mércores, 30 xul 2008
1217421327Quinta.JPG
Para este sábado, La Quinta Estación ten preparado un concerto apto para todos os públicos e moi familiar, xa que a súa música parece non saber de idades. Despois dunha primeira xira, o pasado ano, polo territorio nacional que serviu como toma de contacto co público, o grupo volve á carga cunha posta en escena moito máis coidada e na que inverteron máis tempo e orzamento. De feito, unha trintena de persoas se encargan de preparar toda a montaxe que se alonga máis de doce horas para que todo estea listo. Neste sentido, o grupo chegará a Vigo con pantallas led e unha gran proxección en 3D na que ademais, poderán verse detalles do escenario pouco visibles dende o público. La Quinta Estación fará un amplo repertorio pola súa traxectoria musical, iniciada relativamente hai pouco tempo, pero que os consolidou no panorama nacional e internacional.



O grupo son case una nova lenda en México e de feito nalgún estado pretender porlle o seu nome a rúas de nova creación. Natalia, que lucirá varios cambios no seu vestiario, Pablo e Ángel estarán acompañados por músicos e técnicos latinoamerianos dada súa gran relación con México. No grupo se pode apreciar unha enorme evolución musical que ofrece cancións con contido e calidade, sin perder a súa frescura. Todos os temas son da súa autoría (letra e música) e dende o primeiro momento se caranterizaron pola orixinalidade do seu estilo, que converteron nun verdadeiro éxito.
Descargar todas as imaxes