O polifacético Rubén Blades elixe a cidade de Vigo como única cita galega da súa xira estatal <br />
Unha nova cita coa música máis internacional chegará ao Auditorio de Castrelos mañá a partires das 23 horas. A actuación do polifacético Rubén Blades porá o punto e seguido a un musical mes de xullo cun concerto que foi presentado está mañá polo concelleiro de Cultura, Xesús López, e a responsable da promotora do evento, Raquel Seijo. O artista e actual ministro de Turismo de Panamá tocará algúns dos seus temas coa cantante galega Rosa Cedrón.<br />
Segundo explicou o concelleiro nacionalista, a programación das Festas de Verán Vigo 2008 continúa así a súa andaina no calendario logo dos "excelentes e extraordinarios" tres concertos celebrados no Instituto Feiral de Vigo e os dous do Auditorio de Castrelos da pasada semana onde, por exemplo, Roger Hodgson deu mostra dunha gran sintonía co público vigués. Neste ambiente de cordialidade chega tamén Rubén Blades, un gran nome dentro do panorama musical internacional pero tamén un artista moi vencellado coa política, xa que actualmente ocupa o cargo de Ministro de Turismo do Goberno de Panamá. De feito, trátase da primeira xira que fai como político, logo de catro anos sen pisar os escenarios, e tendo a Vigo como a única cita galega dentro dos doce concertos previsto en España.
Rubén Blades ofrecerá un show de máis de dúas horas de duración onde fará un repaso por toda a súa traxectoria profesional cunha particularidade: os temas de cada un dos concertos son elixidos polos fans a través das votacións que poden facerse na súa páxina web. Home polifacético e seguidor das novas tecnoloxías, Blades fixo unha aposta por internet como medio de comunicación e de feito, o seu derradeiro traballo só pode adquirirse a través da rede.
O panameño actuará acompañado do grupo Son de Tikizia, nun escenario onde un gran piano de cola e unha ampla percusión serán as protagonistas. Por outra banda, e como Ministro de Turismo, Blades intentará achegar Panamá a Vigo, con claras referencias no ambiente. E seguindo a estela que deixou Roger Hodgson a pasada semana, coa esitosa colaboración do gaiteiro Carlos Nuñez, Blades tamén convidou a unha artista galega para o concerto de mañá. Neste caso será a cantante Rosa Cedrón, coa que xa colaborou cando aínda era vocalista do grupo Luar na Lubre.
Raquel Seijo, da promotora Sweet Nocturna, lembrou o excelente prezo das entradas en Vigo, que serán de 10 euros anticipada e 12 no despacho de venta o mesmo día do concerto, mentres que noutras cidades desta xira estatal os prezos oscilan entre os 28 e os 50 euros. As entradas poderán adquirirse a través da web www.servinova.com e no teléfono 902 504 500 ata o mediodía de mañá e a partires das 19 horas na taquilla do Auditorio de Castrelos.
Descargar todas as imaxes