Escoitar

O concelleiro Xesus López salienta a repercusión en Vigo da regata "Le Solitaire du Figaro"<br />

O concelleiro de Cultura, Xesus López, salientou este martes a repercusión que supón para Vigo que a regata Le Solitaire du Figaro realice unha das súas escalas na cidade. O edil nacionalista realizou estas declaracións no transcurso da recepción oficial do Concello ofrecida á delegación da regata que tivo lugar esta mañá no pazo de Castrelos, e na que tamén participou o presidente do Real Club Náutico, Franco Cobas. <br />

martes, 29 xul 2008
1217335780Regaro.JPG
"Na nosa aposta pola Cultura e o Deporte, a celebración na Ría de Vigo dunha escala dunha regata da importancia do Solitaire du Figaro é un evento sumamente importante", subliñou o concelleiro de Cultura, quen deu a benvida á delegación da regata, na que non puideron tomar parte os regatistas, que segundo as previsións chegarán ao Porto de Vigo nas vendeiras horas. Ademais, Xesus López invitou a todas e todos os participantes a disfrutar das marabillas da cidade, da súa cultura, a súa gastronomía e "sobre todo, a súa xente".

O edil do BNG, na súa intervención, agradeceu á organización o seu esforzo para facer posible que a regata chegara á cidade, así como á Consellería de Innovación e Industria, a Dirección Xeral de Turismo, a Autoridade Portuaria e o Real Club Náutico polo seu apoio. O presidente desta entidade, pola súa banda, desexou unha "estadía agradable" en Vigo á delegación da regata, de xeito que leve unhas "lembranzas agradables da cidade".

As representantes da organización da regata expresaron, a súa vez, o seu agradecemento á Xunta, ao Concello de Vigo e á Autoridade Portuaria, por facilitar á chegada á cidade de le Solitaire du Figaro, xa que segundo aseguraron, pese a que os barcos aínda non puideron chegar ao porto vigués pola falta de vento, "xa se superaron todas as expectativas previstas". Dada a boa acollida que está a ter a regata na cidade, anunciaron a súa aposta para que a competición volte a Vigo en vindeiras edicións.

As embarcación participantes na regata chegarán de xeito escalonado ao longo do día de hoxe. Mañá, 30 de xullo, as instalación do Real Club Náutico acollerán a entrega de premios; e finalmente, o xoves 31 de xullo terá lugar a saída dos barcos ata Cherbourg.
Descargar todas as imaxes