Cultura
O Punto Xove acolle dende o vindeiro luns unha exposición fotográfica sobre Vigo e Londres
venres, 24 set 2010O Punto Xove de López de Neira acolle do vindeiro luns 27 de setembro e ata o 12 de outurbo unha mostra que leva por nome "Series fotográficas sobre Vigo e Londres", de Fernando Conde Lamas. A exposición poderá visitarse nestas instalacións da Concellería de Xuventude en horario de luns a venres de 9:30 a 14 horas e de luns a xoves de 17 a 20 horas e se completará cunha proxección o xoves 7 de outubro ás 19 horas.
Landriña propón para o vindeiro domingo un percorrido polas esculturas do Museo de Castrelos
venres, 24 set 2010A mascota do Museo Quiñones de León, Landriña, acompañará aos visitantes nunha nova proposta do programa "Domingos de museo", que terá lugar o vindeiro domingo, 26 de setembro. Nesta ocasión, Landriña propón un percorrido polas esculturas do Museo da Cidade, que se completará cun obradoiro no que os participantes poderán realizar as súas propias obras de arte.
Vigo acolle desde mañá martes o Trofeo Mundial de Acordeón con 70 participantes de 18 países
luns, 20 set 2010Vigo acollerá desde mañá o Trofeo Mundial de Acordeón, que reunirá na cidade a 70 participantes. Os mellores intérpretes desta modalidade chegados de 18 países, entre eles China, Rusia, Austria, Sudáfrica ou Nova Zelanda, ofreceran ata o vindeiro sábado o mellor do repertorio musical de acordeón.
Este domingo Landriña aprende os oficios e labores no seu percorrido polo Museo da Cidade
venres, 17 set 2010O Museo da Cidade "Quiñones de León" continúa cos seus "Domingos de Museo", onde se poderá seguir gozando da visita dinamizada para nenos e nenas e familias e das visitas guiadas para público en xeral. Este domingo Landriña propón unha divertida ruta polo museo na que a través dos cadros da colección de pintura galega os visitantes descubrirán oficios e labores representados nos cadros do museo.
Este domingo Landriña achegará aos visitantes do Museo da Cidade ao mundo do retrato
venres, 10 set 2010O Museo da Cidade "Quiñones de León" continúa cos seus "Domingos de Museo", onde se poderá seguir gozando da visita dinamizada para nenos, nenas e familias e das visitas guiadas para público en xeral. Este domingo Landriña ensinaralles como antes do nacemento e popularización da fotografía eran os pintores e pintoras quen, nos seus lenzos, retrataban as persoas e as representaban de moi diversas formas. Unhas veces de xeito naturalista ou realista, outras, de xeito imaxinativo e creativo.
Inaugúrase a exposición "Os anos escuros" con 80 fotografías dos fondos do Arquivo Pacheco
mércores, 8 set 2010A Casa das Artes acolle mañá a inauguración da exposición "Os anos escuros" con fondos do Arquivo Pacheco. A mostra fotográfica presenta, a través dun conxunto de case oitenta fotografías, o tempo que seguiu ao golpe de estado que se produciu no verán de 1936. Esta é unha máis das iniciativas que a Concellería de Cultura está a desenvolver para poñer en valor o legado do Arquivo Pacheco e amosalo á cidadanía.
Inauguración na Casa da Cultura dunha exposición de textos da Fundación Penzol sobre o Camiño de Santiago
martes, 7 set 2010A dimensión europea da Galicia espiritual. Textos e documentos sobre o Camiño de Santiago na Fundación Penzol" é o título da exposición que se inaugura mañá na Casa Galega da Cultura coa colaboración da Concellería de Cultura. No marco da celebración deste Ano Xacobeo 2010 e co obxectivo de contribuír ao fomento e coñecemento deste patrimonio común, cristalizado a través das peregrinacións a Compostela, a Fundación Penzol, dentro da súa liña de actividades que adoita programar e desenvolver anualmente, organiza esta exposición que permite amosarlle ao público interesado unha selección daqueles seus fondos bibliográficos e documentais que gardan relación ou versan encol do Camiño.
"Landriña viaxa ao interior das paisaxes" é a proposta do Museo de Castrelos para o vindeiro domingo
venres, 3 set 2010O Museo Quiñones de León organiza unha nova proposta do programa "Domingos de museo", dirixido a un público infantil e familiar. Trátase do obradoiro "Landriña viaxa ao interior das paisaxes", que comezará ás 11.30 horas do domingo 5 de setembro, e no que a mascota do museo presentará un novo itinerario temático que inclúe xogos e actividades.
"Landriña viaxa ao interior das paisaxes" é a nova proposta do Museo de Castrelos para o vindeiro domingo
venres, 20 ago 2010O programa "Domingos de Museo", que se desenvolve todos os domingos no Museo da Cidade Quiñones de León propón para o vindeiro 22 de agosto un novo obradoiro destinado aos rapaces e rapazas e ao público familiar. Trátase da actividade "Landriña viaxa ao interior das paisaxes", que comezará ás 11.30 horas e durante unha hora a mascota do museo guiará aos participantes nun itinerario polas súas paisaxes favoritas da colección do pazo.