A Casa Galega da Cultura acolle o xoves a estrea da curta "Camiño da memoria", gañadora do Amal Express
Co apoio da Concellería de Cultura, un grupo creativo formado por mozos e mozas que coincidiron estudando Comunicación Audiovisual na Universidade de Vigo presentará o xoves, 17 de febreiro ás 19 horas, na Casa Galega da Cultura, a curtametraxe "Camiño da memoria". O traballo, centrado no Alzheimer, foi premiado o ano pasado co Amal Express no festival de cine euroarabe Amal, e obtivo a Mención Honorífica da Sociedade galega de xerontoloxía e xeriatría. A entrada será de balde, até completar aforo.
O filme, rodado en Vigo, presenta a Obdulia, a quen lle acaban de diagnosticar un principio de Alzheimer, polo que todas as mañás a súa neta a axuda con exercicios para moderar a perda de memoria. Sendo consciente do avanzo da enfermidade, Obdulia atopará a maneira de impedir que o camiño máis importante para ela se borre da súa memoria.
Segundo informa a Concellería de Cultura, "Camiño da memoria" é a proposta inicial deste grupo de realizadores e realizadoras, que en breve dará a coñecer outras producións, como unha longametraxe documental sobre a pervivencia da poeta Rosalía de Castro. Para obter máis información pódese contactar no teléfono 645 318 148 (Alberte Mera) ou no correo caminhodamemoria@gmail.com.