Escoitar

Eudosio Álvarez presenta o catálogo da colección municipal de olería, integrada por 149 pezas é única en Galiza polo seu valor

O concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, presentou este luns o catálogo da colección de olería do Concello de Vigo, publicado polo Centro de Artesanía Tradicional. O concelleiro nacionalista destacou que é dunha "colección única en Galiza" non só polo valor artístico, senón tamén polo seu significado histórico e patrimonial, e anunciou que se exporá ao público nos vindeiros meses.

luns, 14 feb 2011
1297690087oleria.JPG
Eudosio Álvarez explicou que 119 das 149 pezas pezas da colección foron adquiridas en 1984, recollendo tradicións de doce dos vinte centros de produción de olería que existían en Galicia, dos que só quedan 4 na actualidade. "Imos seguir incrementándoa con novas adquisicións ou coas recuperacións que se vaian realizando", asegurou.

O nacionalista comentou que no primeiro número das publicacións do CAT reflectiuse a colección de cestería tradicional galega, mentres que neste segundo "revalorízase a colección de olería tradicional, das máis significativas de carácter público en Galiza", destacou. Neste sentido, o coordinador do CAT, Manuel Estévez, sinalou que Elena Freire é a autora dos textos explicativos do catálogo, que diferencia entre as pezas elaboradas ata 1960, que denomina época antiga, e posteriomente, na época contempóranea.

O concelleiro de Patrimonio Histórico afirmou que este proxecto forma parte do proceso de recuperación do museo municipal, así como da posta en valor do patrimonio vigués. Ao respecto destacou a celebración da feira de artesanía tradicional que os primeiros domingos de cada mes ten lugar no Paseo de Alfonso.
Descargar todas as imaxes