María Méndez anuncia a implantación dun sistema de comunicación pioneiro en Galiza destinado ás persoas xordas
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, visitou este venres as instalacións da Asociación das Persoas Xordas de Vigo. Tras a xuntanza que mantivo co seu secretario xeral, Antonio Castro, a concelleira nacionalista anunciou a posta en marcha ao longo do ano dun sistema de comunicación pioneiro en Galiza para que as persoas xordas poidan comunicarse rapidamente coa Policía Local en casos de emerxencia.
María Méndez explicou que este novo sistema é un proxecto que desenvolverá a Universidade de Vigo co cal as persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local a través de códigos específicos. Segundo destacou a concelleira de Benestar Social, ao recibir as chamadas codificadas, os axentes coñecerán automaticamente o tipo de emerxencia e a urxencia da chamada en cuestión.
"Estamos traballando en investigación e dando servizo ás persoas que o precisan. Trátase de colaborar entre todas as institucións", salientou María Méndez. A nacionalista sinalou tamén que este sistema, proposto polo Consello de Accesibilidade, xa existe en Cataluña. "Agora imos adaptalo a Galiza", apuntou.
Por outra banda, a concelleira asegurou que o vindeiro mes renovará o convenio de Benestar Social coa Asociación de Persoas Xordas, cifrado en 20.000 euros. Indicou que mediante esta axuda o Concello de Vigo subvenciona a contratación dunha persoa intérprete de lingua de signos, que desenvolve o seu traballo nos actos e actividades que precisen a interpretación. Ao respecto, o secretario xeral da asociación destacou que este servizo desenvolveu máis de 2.000 actuacións ao longo de 2010.
Descargar todas as imaxes