xoves, 10 febreiro 2011

O tenente de alcalde e o concelleiro de Deportes entregan as axudas VIDE a 12 clubs de elite de Vigo

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, entregaron hoxe as axudas da Fundación Vigo en Deporte (VIDE) aos clubs de elite polo programa Siareiros. Esta tempada, VIDE entregará 169.000 euros para os clubs de elite (doce entidades) e os base (23 entidades) do programa, que se suman as aportacións que fai a Concellería de Deportes. Santi Domínguez apuntou que neste mandato a través da Fundación aumentáronse as aportacións que reciben os clubs cun montante total nestes anos de 878.000 euros.

Chus Lago presenta o conto "Larpeiros do Nocturama" de VigoZoo a 80 escolares de Bembrive e Lavadores

xoves, 10 feb 2011

A concelleira de Medioambiente, Chus Lago, presentou este xoves o primeiro conto editado polo zoolóxico vigués, "Larpeiros do Nocturama", coa participación de 80 escolares dos colexios Chans de Bembrive e Valle Inclán de Lavadores. Xunto á ilustradora e á autora do conto, os nenos percorreron as instalacións de VigoZoo e coñeceron ás distintas especies animais alí presentes, e asistiron á representación da contacontos Eva Vila.

María Méndez di que no 2010 no servizo de migración baixaron as consultas, pero medraron os expedientes de arraigo social

xoves, 10 feb 2011

A concelleira de Benestar Social, María Méndez, fixo hoxe balance dos programas desenvolvidos ao longo de 2010 destinados ás persoas inmigrantes, entre os que destacou o incremento dos expedientes tramitados referidos ao arraigo social, que chegaron a 475 casos. A concelleira nacionalista sinalou que este aumento prodúcese a pesar do descenso do número total de consultas, que pasaron de 1004 no 2009 a 821 no 2010.

A comedia continúa mañá venres no Auditorio Municipal coa obra "Life is a paripé", a cargo da compañía Obras públicas

xoves, 10 feb 2011

O Auditorio Municipal acolle mañá, 11 de febreiro, unha nova obra teatral do programa "Con T de Teatro", dentro da programación estable de artes escénicas que organiza a Concellería de Cultura e Animación Sociocultural. Nesta ocasión será a comedia "Life is a paripé", que a compañía Obras Públicas representará ás 21 horas. As entradas pódense adquirir na web www.laboleteria.es ou na propia taquilla unha hora antes do comezo da actuación e o seu prezo é de 7 euros.