venres, 11 feb 2011
Na presentación dos novos vehículos adaptados a persoas de mobilidade reducida, o alcalde indicou este venres que, na relación de eurotaxis por habitantes, Vigo sitúase no quinto lugar en España. Caballero explicou que o Concello subvenciona anualmente estes taxis con 2.400 euros porque supoñen unha "mellora importante" na calidade de vida dos seus usuarios, e anunciou que o goberno local estuda suprimirlles o imposto de circulación.
venres, 11 feb 2011
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, visitou este venres as instalacións da Asociación das Persoas Xordas de Vigo. Tras a xuntanza que mantivo co seu secretario xeral, Antonio Castro, a concelleira nacionalista anunciou a posta en marcha ao longo do ano dun sistema de comunicación pioneiro en Galiza para que as persoas xordas poidan comunicarse rapidamente coa Policía Local en casos de emerxencia.
venres, 11 feb 2011
A programación de artes escénicas que a Concellería de Cultura e Animación Sociocultural organiza no Auditorio Municipal ofrece este fin de semana dúas propostas ben diferentes. Mañá, 12 de febreiro, ás 21 horas, terá lugar o espectáculo "Moxenas musical galego"; o domingo, a compañía Berrobambán representará a obra "Bicharada", dirixida ao público infantil. Nos dous casos as entradas pódense adquirir na web www.laboleteria.es ou na propia taquilla unha hora antes do comezo das actuacións.
"CANTIGA DE VELLAS". DOMINGOS DE FEBREIRO PARA NENOS DE 5 A 12 ANOS. DE 12.00 A 13.30 HORA 1 € / ASISTENTE
venres, 11 feb 2011
Para conmemorar o 75 aniversario do pasamento de Valle-Inclán, o museo Verbum oferta unha completa programación de actividades que xiran ao redor da súa figura. Así, poderemos ver a exposición temporal "Valle-Inclán, Palabra e Imaxe" ata o vindeiro 27 de febreiro, ouvir a conferencia de Siro López, autor das ilustracións da exposición (18 de febreiro ás 20h) e participar nos obradoiros dos domingos deste mes, "Cantiga de Vellas", o seu único poema en galego.