luns, 7 feb 2011
A moción, presentada polo PP e respaldada polo goberno local, insta ao executivo central a manter o chamado Programa Temporal de Protección por Desemprego e Inserción, é dicir, a axuda dos 426 euros para os parados que agotaras as súas prestacións por desemprego. "Retirar esta medida vai facer que 600.000 persoas en España se vexan nunha situación límite", argumenta o texto aprobado polos grupos municipais.
luns, 7 feb 2011
Os grupos políticos do goberno vigués aprobaron este luns -coa oposición do PP- unha moción impulsada polos socialistas para demandar á Deputación de Pontevedra que "concrete os investimentos a realizar no término municipal de Vigo correspondentes ao 35% do Presupuesto de Investimentos", a porcentaxe da poboación viguesa sobre o total da provicia, e que subvencione o voo con Milán como "primeiro paso" da potenciación do aeroporto.
luns, 7 feb 2011
A concelleira de Medioambiente, Chus Lago, presentou no Pleno deste luns unha moción de urxencia ao respecto, pois a Xunta de Galicia adxudicou a instalación duns "vinte muiños de vento" no Galiñeiro, segundo o anteproxecto, ademais dunha instalación subterránea. Socialistas e nacionalistas defenderon, coa negativa do PP, as enerxías renovables como a eólica pero rexeitaron a súa ubicación nesta Serra viguesa.
luns, 7 feb 2011
A moción da oposición foi apoiada polos grupos políticos que conforman o goberno vigués, aprobando por unanimidade unha moción que demanda ao Concello que continúen os traballos de investigación arqueolóxica e que sexa o propio municipio o que procure os recursos económicos suficientes que o permitan. O texto salienta que os restos "poderán proporcionar importante información histórica sobre as orixes da cidade".
luns, 7 feb 2011
A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, clausurou este luns as Xornadas sobre Implementación de Plans Locais de Igualdade, que se celebra en Vigo organizado polo Instituto da Muller e a Federación Española de Municipios e Provincias. Na súa intervención, a concelleira nacionalista salientou a traxectoria en igualdade do Concello de Vigo, que no ano 2009 ano aprobou o seu cuarto `plan de igualdade, que contempla 104 medidas concretas para acadar a igualdade real entre homes e mulleres.
luns, 7 feb 2011
Abel Caballero acudiu o pasado sábado a Coruxo á apertura da humanizada rúa Manuel Lago, onde o goberno local investiu 350.000 euros. A reforma do Concello abarcou os case 350 metros da rúa e máis de 3.600 metros cadrados de superficie total de actuación e, como é habitual, incluíu a renovación das canalizacións soterradas e o mobiliario urbano en superficie.
luns, 7 feb 2011
O alcalde e distintos membros da Corporación participaron o pasado sábado no Cemiterio de Pereiró na tradicional homenaxe a Concepción Arenal que organiza Diálogos 90, ceremonia que premiou a traxectoria destas tres mulleres Galegas Destacadas: Carmiña Valverde Roel, pola súa traxectoria ao frente do restaurante El Mosquito; Rasa Jakutyte, concertista de piano e xefa do departamento de Piano do Conservatorio Superior; e Pilar Pallarés, un dos máximos referentes da literatura contemporánea.
luns, 7 feb 2011
O pasado domingo, o alcalde e concelleiros municipais participaron no Auditorio do Conservatorio Profesional de Música na ceremonia de entrega dos galardóns da sexta edición do Premio David Russell para Novos Talentos, onde participaron 44 músicos de entre 8 e 25 anos procedentes de toda a Península Ibérica. Esta actividade ten finalidade solidaria e os fondos recabados polas matrículas destinaranse a unha escola sen recursos de nenos discapacitados na India.
luns, 7 feb 2011
Os vindeiros martes 8 e xoves 10 de febreiro terá lugar ás 19h. na Casa das Palabras un taller sobre o cine e o seu valor como linguaxe.A entrada é de balde e non será necesaria inscrición previa.