Escoitar

Santi Domínguez di que as Xornadas do Mexillón, nas que participan 24 locais, contribúen á dinamizar o Casco Vello

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, inaugurou este venres as quintas Xornadas do Mexillón, que se celebrarán ata o 26 de febreiro no Casco Vello coa participación de vintecatro establecementos nos que se poderán degustar tapas a 1,5 euros. Segundo salientou o nacionalista, "despois do éxito das anteriores edicións, vémonos na obriga de repetir e seguir traballando na recuperación e dinamización dos Casco Vello".

venres, 4 feb 2011
1296827429Mexilon.JPG
Santi Domínguez afirmou que con iniciativas como esta "estamos recuperando un lugar como o Casco Vello que historicamente era de tapeo e viños". Asegurou que é dun traballo conxunto, polo que destacou a colaboración que existe entre a Tenencia de Alcaldía, a Concellería de Comercio e a Asociación de Comerciantes Vigo Vello para desenvolver iniciativas como estas xornadas. "Hoxe podemos pasear e gozar máis do Casco Vello que hai tres anos", manifestou.

A presidenta de Vigo Vello, Itos Domínguez, expresou seu agradecemento a Santi Domínguez pola recuperación do Casco Vello. "Agora está precioso e as obras pagan a pena", afirmou. Convidou a todos os vigueses e viguesas a achegarse ao barrio a degustar as tapas, "porque hai que descubrir como son e teñen bastante nivel", dixo.

O restaurante La Carbonara prepara mexilóns á provenzal; na viñoteca Cabernet pódese desgustar mexillóns cabernet; o restaurante Baraka presenta piruletas de buñuelos de mexillón en salsa de tres cítricos; La Comidilla ofrece mexillón da Comidilla; a cafetería Reconquista prepara mexillóns ao "ajillo"; en Vinotales pódese degustar brocheta de mexillón en salsa; La Mari ten cuscús de mexilón; no Alta Fidelidade hai fideuá mariñeira; na vinoteca A Laxe pódese probar mexillóns Carme; a Tavensa A Curuxa prepara mexillón Bon; a Pita Tola prepara arroz caldoso con mexillóns e ortigas; Edra ofrece paté de mexillón; a tapa de marisquería Bahía é mexillóns en salsa de sidra e crema de gambas; na taberna Costeira hai mexillóns á mariñeira; no XII pódese probar A Obsesión; no Fame Nejra presenta mexillóns Fame Nejra; o Buena Vida ofrece mexillóns a Buena Vida; a tapa do bar Chavolas é mexillóns estilo Chavolas; no Retranca hai Morbosa de mexillóns; o Don Mexillón prepara tapa de mexillóns en salsa brava; Galiana ofrece mexillóns gratinados; no Sokoke hai empanada de mexillóns; na Taza de Ouro pódese degustar A mariñeira; e a crepería Cre-Cotte prepara Crépe mariñeira.
Descargar todas as imaxes