martes, 1 febreiro 2011

Santi Domínguez salienta que máis de 600 especialistas reuniránse en Vigo no congreso de Atención Farmacéutica

O tenente de alcalde e concelleiro de Turismo, Santi Domínguez, presentou este martes o VII Congreso de Atención Farmacéutica, que se celebrará do 29 de setembro ao 1 de outubro no Centro social de Novacaixagalicia e contará coa participación de máis de 600 especialistas. O nacionalista expresou a súa satisfacción polo primeiro ano da posta en marcha do Vigo Convention Bureau, que ten como obxectivo fundamental acadar que a nosa cidade sexa referente no turismo de negocios e congresos e a desestacionalización do turismo.

O Plan Saúde incorpora a dúas cadelas maltratadas entrenadas para axudar a nenos con problemas

martes, 1 feb 2011

A concelleira de Medioambiente e Sanidade, a socialista Chus Lago, presentou este martes a Guida e Mami, dúas cadelas procedentes da Sociedade Protectora de Animais que se incorporan ao Plan Saúde para axudar ás terapias de nenos con problemas. As cadelas, maltratadas antes de chegar á Protectora, foron educadas cunha formación básica que continuará en Asturias cun programa específico para traballar, dentro de dous meses, cos nenos. Vigo pasa así a ser o primeiro concello con dous cans para terapia na súa unidade sanitaria municipal.

Xesus López anuncia que a programación do Auditorio Municipal medra cos programas "Vigo en danza" e "Raizames"

martes, 1 feb 2011

O concelleiro de Cultura, Xesus López, presentou este martes a continuación do programa estable de artes escénicas do Auditorio Municipal para os vindeiros meses. O nacionalista anunciou que a nova programación iníciase o venres, coa obra "Hamlet, por poner un ejemplo", e abarca "todas as artes escénicas, ademais de outras actividades como cine, teatro, danza e música".

Videos gañadores do concurso "Non o ignores"

martes, 1 feb 2011

No Canal de Igualdade de Vigo pódese ver os tres videos premiados no certame de microvídeo "Non o ignores, non xustifiques, non escondas" que organizou o Consello Municipal da Muller e maila Concellería de Igualdade.