O Concello fai definitivo o descanso semanal para os taxistas vigueses
Despois do periodo experimental de tres meses, o goberno local aprobou no Pleno deste luns -coa abstención da oposición- prorrogar indefinidamente a nova regulación para o sector do autotaxi na cidade, polo que os taxistas pasarán a ter unha xornada de descanso á semana. O concelleiro de Mobilidade, Xulio Calviño, salientou o "positivo" desta nova medida para os profesionais do taxi, que respaldaron o 67% dos asociados.
O goberno local de Vigo aprobou este luns en sesión plenaria a "prórroga indefinida" do descanso semanal para os taxistas da cidade, despois da finalización dos tres meses de proba.
A nova regulación aprobada mellorará o servizo de taxis en Vigo, pois adecuará a demanda actual do servizo á oferta de vehículos existente. A Xunta de Goberno Local tiña a potestade de acordar a suspensión temporal desta medida para casos excepcionais durante o periodo de proba, o que non foi preciso pese a coincidir co periodo de Nadal.
Segundo expuxo o concelleiro de Transporte e Mobilidade, Xulio Calviño, esta actuación resultou "absolutamente positiva", así como o periodo experimental de 90 días que concluíu recentemente, polo que felicitou ao sector, impulsores da iniciativa. Calviño asegurou que o 67% dos taxistas asociados refrendaron a nova regulación para os taxistas vigueses.
O voceiro do PP en materia de tráfico, Antonio Coello, criticou ao goberno local por "perder a oportunidade" de levar unha proposta "unitaria", co respaldo de "todos" os profesionais, e comprometeuse, no caso de gobernar tras a cita electoral de maio, a non ampliar licenzas e a pactar unha fórmula de descanso máis axustada, adecuada cun estudo técnico e de viabilidade.
Calviño felicitou á oposición por cambiar de opinión con respecto á anterior votación plenaria sobre esta regulación -na que o PP opúxose ao descanso semanal por albergar "moitas dúbidas"- e recordou que o sector crítico é "cada vez máis pequeno", mentres que o respaldo á proposta é maioritario. O socialista criticou o anuncio electoral e recordou que o goberno local xa ten comprometido non ampliar licenzas, compromiso que manterase.
O voceiro do BNG, Santiago Domínguez, argumentou que un goberno ten que "escoitar" á cidadanía e defendeu o seu voto favorable pola "racionalización" deste sector económico e por contar co apoio da "gran maioría" dos profesionais.
Descargar todas as imaxes