Escoitar

Ampliase ata o13 de marzo a mostra "Quiñones de León: unha nova pinacoteca para Galicia" que se exhibe en Casa das Artes

A exposición "Quiñones de León: unha nova pinacoteca para a Galicia" poderase visitar ata o 13 de marzo na Casa das Artes. A mostra é unha selección de 83 obras da colección municipal da plástica galega dos séculos XIX e XX e é un avance da exposicón permanente que albergará a nova Pinacoteca.

xoves, 10 feb 2011
1297345276images.jpg
O comisario da mostra, Carlos López Bernárdez, seleccionou para a mostra 83 obras representativas da plástica galega dos séculos XIX e XX, entre as que figuran o nome de autores como Laxeiro, Colmeiro, Castelao, Lugrís, Serafín Avendaño, Maside e Sotomayor. Tamén podese contemplar a última obra adquirida polo Museo de Castrelos, no ano 2009, que é un bodegón de Luis Seoane do ano 1956.

O director do Museo Castrelos, José Ballesta, informou que esta mostra é unha exposición histórica para o museo dende a súa inauguración en 1937, xa que é "a primeira vez que se desplaza tal volume de obras". Destacou que cada obra da mostra hai que entendela como "unha obra de arte individual pero tamén como parte dun relato que conta unha historia", que neste caso axuda a entender a historia de Vigo e Galiza. "Axudará a entender quen somos e de onde vimos", sinalou.
Descargar todas as imaxes