Escoitar
ARTISTAS PARTICIPANTES MÓNICA ORTÚZAR - ELENA MENDIZÁBAL - ANA GESTO- SOL ALONSO - IGNACIO BARCIA - PABLO HUERTAS - PELLO MITXELENA

A Fundación Laxeiro presenta a exposición "Materialización"

Co título Materialización, a Fundación Laxeiro presenta esta exposición que é o resultado do traballo de investigación dun grupo de artistas, membros das Universidades de Vigo e o País Vasco, que levan oito anos traballando en equipo, ao redor da idea de pensamento/creación/materialización.A mostra poderase ver na sala B da Fundación Laxeiro do 11 de febreiro ó 15 de maio.<br />

mércores, 9 feb 2011
1297260212zampo.jpg
Pablo Huertas "Zampo y yo"
En palabras dos artistas: "este proxecto parte da identificación das relacións entre a materialidade, a forma e a representación, o seu modo de crear unha unidade, algo interdependente e inseparable". Vídeo, fotografía, escultura e debuxo son as técnicas a partir das que desenvolven un discurso persoal que, na posta en común da exposición, adquiere un interese que vai máis alá da suma de cada traballo, para conformar unha propota conxunta e unha nova lectura.

Con esta exposición a Fundación Laxeiro inicia a súa programación 2011 achegándose aos ámbitos máis experimentais da arte do noso tempo. Neste contexto, a Fundación Laxeiro continúa coa súa política de colaboración co ámbito universitario e a investigación artística, ampliando por primeira vez esta colaboración á Universidade do País Vasco.

A montaxe desta mostra na cidade de Vigo supón unha segunda fase expositiva do traballo continuado que este grupo de artistas levan a cabo desde 2002. Nunha primeira fase, concretada na exposición titulada Resistencia e materialización, realizada en 2010 na Sala de exposicións do Campus de Leioa, da Universidade do País Vasco, os artistas centráronse na noción de Resistencia como consecuencia da actividade creativa, nesta segunda entrega que supón a exposición en Vigo, os artistas centráronse nos procesos da materialización da actividade creativa e en como eses procesos son, en última instancia, un segundo estadio desa Resistencia. Unha resistencia que eles propoñen como resposta á tendencia de uniformización do pensamiento, característica da nosa sociedade actual, dominada por a economía global e, por tanto, por unha tendencia cara á xeración de contidos valeiros, facilmente convertibles en mercadoría e totalmente afastados da xeración de pensamento crítico.

O proceso creativo devén así en elemento liberador non so para o creador, senón tamén para o observador/espectador que, coa súa participación na exposición, é, en última instancia o elemento transmisor dunha cadea de resistencia que se instala así na cidadanía e aporta (pequenas) alternativas a esa uniformización do pensamiento que se configura como a única alternativa de construción/destrución da propia identidade, na que existimos en tanto que consumimos.

Quizá un dos maiores atractivos da mostra resida na oportunidade de contemplar nun mesmo espazo e tempo a confluencia do traballo destes sete artistas que, desde a heteroxeneidade de linguaxes, reflexionan sobre un mesmo tema, suxerindo camiños diversos para a reflexión e invitando ao observador/espectador a buscar tamén o seu propio camiño.
Descargar todas as imaxes

Máis información