Escoitar

O Auditorio Municipal acolle mañá mércores e o xoves a representación da comedia "Os Clocló", da compañía Lambríaca

A programación estable de artes escénicas que organiza a Concellería de Cultura continúa no Auditorio Municipal coa comedia "Os Clocló", do programa "Vigo a escena". A compañía Lambríaca representará esta obra mañá e xoves, 9 e 10 de febreiro, ás 20.30 horas. O prezo das entradas é de 7 euros e pódense adquirir na web www.laboleteria.es ou na propia taquilla unha hora antes do comezo da actuación.

martes, 8 feb 2011
Baixo a dirección de Fran Peleteiro, os actores Humy Donado, Julio Cela, Belén D. Bouzas, Hugo Rodríguez e Xosé Manuel Conde, dan vida a tres xeracións unidas por unha soa idea: vivir pola cara e sen traballar. Esta comedia converte estes personaxes en heroes dentro dun mundo cheo de tiburóns, que aproveitan a mínima para facernos a vida imposible, sen traballo, salarios ridículos e horarios escravizantes. Eles son o punto desternillante que abre os nosos ollos a unha forma de vivir nada convencional, pero na que a eles vailles ben en todos os sentidos. A programación completa do Auditorio Municipal pódese consultar en www.vigocultura.org.