O alcalde cifra en 5 millóns de euros o investimento municipal en Teis co Plan Urban
Abel Caballero visitou este martes os traballos de mellora que o goberno local está a executar en Teis no marco do chamado Plan Urban, cun orzamento de 5 millóns de euros. Segundo detallou o alcalde, o Concello está a humanizar a Avda de Galicia e a primeira fase de Julián Estévez, os entornos da igrexa de San Salvador, Toural e Rios. A planificación municipal para o barrio tamén inclúe o novo paseo da ETEA, a recuperación do edificio Garavilla, e actuacións en praias e parques.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, explicou hoxe martes que o Concello executa traballos de mellora en Teis por valor de cinco millóns de euros, dentro do marco do Plan Urban para o barrio.
Caballero visitou a humanización da Avenida de Galicia, unha das actuacións do inicialmente negado Urban que, aínda que foi "duro", finalmente conseguiuno o goberno local para Teis, e xa está en marcha.
Xunto a esta avenida, o Concello está a reformar os entornos da igrexa de San Salvador de Teis e de Toural e Rios, ademais da primeira fase de Julián Estévez, outros viais interiores do populoso barrio vigués e a glorieta de Coutadas, con "moito tráfico" e nun estado "moi deteriorado". Xunto ás melloras viarias, o goberno local tamén emprende a recuperación do edificio Garavilla e de tres lavadoiros tradicionais; actúa nas praias de A Lagoa, Mende, Rios e Manquiña, e acondiciona os parques de A Riouxa, o Barrio das Flores e A Guía.
O proxecto municipal para Teis dentro do Plan Urban tamén inclúe unha nova pasarela ecolóxica nos terreos da Escola de Transmisións e Electrónica da Armada (ETEA), onde recordou Caballero que o Concello está traballando na reforma das instalacións deportivas para o seu uso público.
Descargar todas as imaxes