Obradoiros ao redor de Valle-Inclán no Verbum
Para conmemorar o 75 aniversario do pasamento de Valle-Inclán, o museo Verbum oferta unha completa programación de actividades que xiran ao redor da súa figura. Así, poderemos ver a exposición temporal "Valle-Inclán, Palabra e Imaxe" ata o vindeiro 27 de febreiro, ouvir a conferencia de Siro López, autor das ilustracións da exposición (18 de febreiro ás 20h) e participar nos obradoiros dos domingos deste mes, "Cantiga de Vellas", o seu único poema en galego.
O obxectivo dos obradoiros é coñecer a vida e obra do autor, potenciar o uso da lingua galega, fomentar o interese dos cativos pola lectura e afondar na poesía, prosa e teatro como xéneros literarios dun xeito lúdico e didáctico.
A actividade estrutúrase en 3 partes: visita á exposición / motivación do día; actividade central do obradoiro e posta en común para completar un libro de gran tamaño que reflectirá o traballo de cada domingo.
Domingo 13 – A poesía de Valle-Inclán
Traballarase a "Cantiga de Vellas" por grupos de idade: recital, comprensión do poema (os rapaces substituirán verbas descoñecidas por outras coñecidas) e elaboración dun poemario (cada grupo traballará coa súa cantiga modificada).
Domingo 20 – A prosa de Valle-Inclán
Traballaremos sobre un conto do autor: aos rapaces daránselles palabras e/ou personaxes do conto, para que eles creen o seu propio conto. Lectura do conto. Elaboración dun marcapáxinas no que debuxarán unha caricatura propia de Valle-Inclán. Todas estas actividades trasladaranse ao gran libro.
Domingo 27 – O teatro de Valle-Inclán
Traballarase a obra de teatro "A cabeza do dragón". Todos os rapaces participarán nun obradoiro de interpretación, expresión corporal, mímica, caracterización e globoflexia.
AFORAMENTO LIMITADO A 50 ASISTENTES.
ENTRADA POR RIGOROSA ORDE DE CHEGADA.
Descargar todas as imaxes