O comité de expertos decide denominar ao Auditorio Pazo de Congresos "Mar de Vigo"
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, como voceiro do grupo asesor para o nomeamento da nova infraestrutura, informou este mércores que "Mar de Vigo" foi o nome adoptado para o Auditorio Pazo de Congresos, que será inaugurado no mes de abril. O nome responde a que o mar é "o principal protagonista" do edificio e supón ademais unha "homenaxe" a figura de Martín Códax, "o primeiro xuglar civil coñecido no mundo occidental". Apuntou Caballero que a denominación será trasladada e asumida pola Xunta de Goberno Local e a empresa concesionaria.