luns, 13 set 2004
Durante un periodo de aproximadamente dous meses, actuarase na superficie de macizos, vivaces, céspede, arborado e rego no tramo Tarragona e praza de América, dado o seu baixo potencial ornamental nun dos principais viais da cidade con grande presencia de usuarios.
luns, 13 set 2004
A Corporación Municipal, reunida na súa sesión ordinaria o luns, acordou destinar un total de 575.742 euros con motivo da celebración da quinta edición do Festival de Música de Vigo Are-More 2004.
luns, 6 set 2004
O voceiro do Goberno Municipal, José Manuel Figueroa, calificou, asimesmo, de "boa xestión" o proxecto do Pazo-Museo de Congresos de Vigo ao tempo que anunciou o sometimento a información pública do estudio de viabilidade do mesmo.
luns, 30 ago 2004
O portavoz do Goberno Municipal, José Manuel Figueroa, anunciou na rolda de prensa da Xunta de Goberno Local, a reunión que terá lugar nos vindeiros días entre o Concello e Zona Franca co fin de tratar os asuntos pertinentes dentro do programa Vigo 2005.
venres, 27 ago 2004
A Xunta reunirase, en sesión ordinaria,o luns día 30 de agosto de 2004, ás 8.00 horas en 1ª convocatoria e ás 9.00 horas en 2ª convocatoria, para resolver un total de 33 asuntos.
luns, 23 ago 2004
Segundo o voceiro do goberno, José Manuel Figueroa, o contraído definitivo respecto ao IBI elévase a 40.098.949 euros, sendo de 10.383.482 euros para o padrón imposto sobre actividades económicas no presente ano.
luns, 23 ago 2004
Outra das propostas debatidas na Xunta de Goberno Local reunida o luns en sesión ordinaria, comprende a aportación dun total de 106.749 euros en materia de axudas escolares de libros e 30.615 euros ao mes para comedores.
luns, 9 ago 2004
A Xunta de Goberno Local aprobou na súa reunión de hoxe o prego de claúsulas administrativas que rexerán o concurso para a contratación da concesión administrativa da xestión do servizo público de retirada de vehículos. Entre as novidades do prego amplíase en dous o número de grúas, que pasan de 11 a 13, increméntase o persoal e incorpórase nos vehículos o sistema de localización GPS.
venres, 6 ago 2004
A Xunta de Goberno Local reunirase para realizar sesión ordinaria na súa Sala o vindeiro 9 de agosto de 2004, ás 8.00 horas en primeira convocatoria e ás 9.00 horas en segunda, para resolver un total de 34 asuntos.