Escoitar

A Corporación Municipal da o visto bo ao proxecto de axardinamento do bulevar da Gran Vía

Durante un periodo de aproximadamente dous meses, actuarase na superficie de macizos, vivaces, céspede, arborado e rego no tramo Tarragona e praza de América, dado o seu baixo potencial ornamental nun dos principais viais da cidade con grande presencia de usuarios.

luns, 13 set 2004
A Xunta de Goberno Local aprobou o luns o proxecto de axardinamento do bulevar da Gran Vía polo que se traballará na superficie de macizos, vivaces, céspede, arbolado e rego no tramo comprendido entre a rúa Tarragona e a praza de América.

O deseño de plantación tomou como base o parterre integrándoos en bloques, segundo os tramos que forman os distintos viais que atravesan o bulevar. Un deseño que busca a sinuosidade das líneas e alturas nos parterres, combiñando macizo arbustivo e céspede duradeiros no tempo, coa temporalidade das especies vivaces quie informarán dos cambios estacionais aos viandantes, cos seus coloridos característicos, a plantación estructural fórmase a partir da plantación arbórea.

As accións a realizar divídense da seguinte forma:
- Implantación de masas arbustivas en parterre
- Plantación de masas de pranta de tempada e vivaces en parterre por tramos
- Creación dunha franxa lineal de céspede mediante a colocación de tepes
- Actuación sobre o arbolado
- Implantación do sistema de rego
- Mobiliario urbano

Previamente, procederase á limpeza do terreo, eliminación da vexetación existente ou laboreo do terreo, entre outros. O plazo de execución das obras se estima en dous meses.

Turismo
Na área de Turismo, a Corporación Municipal, acordou autorizar o gasto de 80.000 euros para a subministración e instalación de xardiñeiras colgantes nas zonas do Casco Vello e Zona Centro. Unha proposta do departamento que dirixe a concelleira Lucía Molares, incluída no Plan de Actuacións 2004-2007.

Mobilidade e Seguridade
Outro dos asuntos tratados na Xunta foi o da aprobación das bases para a adxudicación de subvencións aos titulares de autotaxis da cidade de cara á instalación de sistemas de seguimento, localización e outros elementos de seguridade. Unha proposta do departamento de Mobilidade e Seguridade xunto á denegación a Conycase, S. L. á autorización solicitada no pasado mes de agosto para a relaización de obras de pintado no parking da rúa de Venezuela, así coma o seu peche durante o periodo de execución dos traballos.