Escoitar

O Pleno da Corporación aproba por unanimidade a creación dunha comisión de seguimento do II Cinto

A comisión estará formada polos concelleiros de Infraestructuras, Vías e Obras e Seguridade, quenes traballarán xunto aos técnicos municipais designados polo Goberno Municipal, o Ministerio de Fomento-Demarcación de Estradas, a Federación de AA.VV. Eduardo Chao e os responsables da Empresa Constructora.

luns, 13 set 2004
1095076439pleno13.jpg
A moción presentada BNG sobre a creación dunha comisión de seguimento das obras do segundo cinto, foi aprobada por unanimidade no Pleno ordinario celebrado o luns. Así, a comisión de seguimento, levarase a cabo coa participación dos concelleiros de Infraestructuras, Vías e Obras e Seguridade, xunto aos técnicos municipais que o Goberno Municipal considere, o Ministerio de Fomento-Demarcación de Estradas, a Federación de AA.VV. Eduardo Chao e os responsables da Empresa Constructora.

A comisión tratará de arranxar "os múltiples problemas que unha obra de tal magnitude, complexidade, importancia e necesaria para Vigo acarrea", segundoo Bloque Nacionalista Galego, en virtude dos desencontros que se están a producir cos afectados, as Asociacións de Veciños e a Federación.

Pola súa parte, o BNG, expresou ao Pleno a súa vontade no que atañe á Lei das Grandes Cidades. Na súa proposta,os nacionalistas, instaron ao Goberno Municipal a que mentres non se aproben as novas regulamentacións derivadas da nova lexislación que permitan o control dos procesos de elaboración de pregos de condicións técnicas e administrativas por parte dos grupos municipais, estes documentos, previa aprobación, sexan remitidos para o seu estudio e informe á Comisión de Control da Contratación.

A moción foi novamente aprobada por unanimidade, incluindo diversas modificacións. Así, acordouse que sexan aquelas contratacións que superen o 10% e as que teñan carácter plurianual, as remitidas a esta Comisión de Control. Ao mesmo tempo, acordouse dar comezo aos traballos para a elaboración dun manual de procedementos de contratación coa composición que acorde a Xunta de Portavoces.

Outros dos asuntos aprobados polo Pleno da Corporación foron os que atañen á rectificación dos erros materiais e aritméticos detectados nas medicións do Plan Parcial "Quirós", co voto en contra de Democracia Progresista Galega; a ampliación do prazo máximo de resolución e notificación do expediente para a declaración da nulidade do convenio de cesión para vial de circunvalación concluído con "Miraflores Vigo S.A."; á alta no Inventario municipal de bens e dereitos ao local sito na rúa Otero Pedrayo, número 5; a aprobación inicial da alteración da natureza xurídica da planta segunda do edificio número 7 da praza da Princesa ou o nomemaneto de representantes da Corporación para a Comisión de valoración de selección dun axudante técnico de Electromecánicos e un enxeñeiro técnico de obras públicas que recaeu en Toba (BNG), Graña (PSOE) e Soto (DPG).

En canto ás mocións presentadas, o Pleno aprobou a moción do grupo municipal do BNG sobre a elaboración do programa especial de mantemento e adaptación de zonas de xogo infantil.
Descargar todas as imaxes