Escoitar

Concello e Zona Franca reuniranse nos vindeiros días co fin estudiar o convenio de colaboración "Vigo 2005"

O portavoz do Goberno Municipal, José Manuel Figueroa, anunciou na rolda de prensa da Xunta de Goberno Local, a reunión que terá lugar nos vindeiros días entre o Concello e Zona Franca co fin de tratar os asuntos pertinentes dentro do programa Vigo 2005.

luns, 30 ago 2004
O convenio, aprobado por ambas partes o pasado mes de abril, levará cabo os traballos de humanización en torno á praza de Compostela e Urzáiz, incluíndo entre os seus obxectivos as rúas Cervantes, Uruguai, Hernán Cortés e Luis Braille, Magallanes, Colón (entre Uruguai e Policarpo Sanz), Manuel Núñez e Gil. Asimesmo, recordou que o presuposto a investir nos traballos de humanización ascenderá a un total de 9 millóns de euros.

Tal e como se acordara, o Concello aportará sen custo algún os proxectos de humanización do entorno da rúa Urzáiz, mentres que os traballos na praza de Compostela serán financiados con cargo ao convenio. O goberno municipal desembolsará

Dirección de ingresos
Outro dos temas máis salientables dos tratados na sesión ordinaria da Xunta foi o das ordenanzas fiscais. Así, José Manuel Figueroa, apuntou unha subida do IPC do 2.7% para o mes de maio ao tempo que, de acordo co compromiso municipal, conxelouse o imposto sobre o recibo do lixo.

En total, trataríase de 21 modificacións das ordenanzas fiscais, entre as que se atopan a ordenanza fiscal xeral do Concello, a relativa ao imposto sobre bens inmobles, que incrementaría as tarifas vixentes nun 0.7%, sobre vehículos de tracción mecánica cun incremento do 2.7%, ou a modificación do imposto sobre actividades económicas cunha subida do 2.7%. Outras das modificacións das ordenanzas fiscais afectarían ao sector do transporte urbano, de prestación de servizos especiais por espectáculos ou transportes, salvamento, servizos dos cemiterios municipais, taxas pola inmobilización, retirada, depósito e custodia de vehículos ou pola prestación de servizos sanitarios, entre outras.