Escoitar

Campionato IN-LINE Cidade de Vigo 2004, cultura sobre rodas

A competición celebrarase o sábado 28 e o domingo 29 no Skatepark do Castro e no Half-pipe de Samil respectivamente. Os seis primeiros clasificados poderán optar a un total de 17 trofeos e 12 medallas, así coma premios en especie. A inscrición custará 3 euros e deberá formalizarse o sábado pola mañán, antes das 16.00 horas.

venres, 27 ago 2004
Co fin de dar a coñecer na nosa cidade un deporte que é practicado por moita xente nova, de entre 11 e 25 anos na gran maioría, e de poder disfrutar dun fin de semana de competición de alto nivel, a Concellería de Xuventude que preside Lucía Molares, presenta o Campionato IN-LINE Cidade de Vigo 2004. Unha competición incluída dentro do programa de dinamización xuvenil e que financiado pola Unión Europea baixo o título de Plan Nexus, pretende involucrar a xoves, colectivos formais e non formais, ademáis de institucións e entidades que traballen coa xuventude, nun proxecto piloto de creación de redes a nivel local de transmisión da información, utilización de espacios e educación formal e informal.

O encontro, que terá lugar o sábado 28 e o domingo 29 de agosto, contará con dúas modalidades tales como "Street", que se levará a cabo no circuito do Castro, e "Half-pipe", na U de cemento de Samil o domingo. As categorías da competición serán dúas: amateur e profesional.

Os que desexen participar no campionato deberán apuntarse o sábado pola mañán antes das 16.00 horas e aboar 3 euros a título de inscrición, cantidade que será destinada á creación da futura Asociación de Patinadores In-Line Viguesa.

No torneo cada participante efectuará dúas rondas de 60 segundos, tanto en "Street" coma en "Half-pipe". Entre tódolos participantes, os 15 millores pasarán ás finais que constarán dunha ronda de 60 segundos.

Nas dúas categorías e modalidades, entregaranse premios aos 6 primeiros clasificados, que consistirán en 17 trofeos e 12 medallas, así como roupa ou material deportivo, entre outros.

E para que o campionato sexa do gusto de todos utilizarase un equipo de son, proporcionado polos propios organizadores para a modalidade de "Half-pipe".

Horarios
Os horarios das diferentes competicións serán os seguintes:
- 11.00-14.00 horas: Adestramento de "Street" e de "Half-pipe"
- 14.00-16.00 horas: Comida
- 16.00-21.00 horas: Clasificacións e finais
- 21.00 horas: Entrega de premios.

Premios
A organización do evento distribuirá:
- 3 trofeos para os finalistas profesionais
- 3 trofeos para os finalistas amateur
- 3 medallas para o 4º, 5º e 6º posto profesional
- 3 medallas para o 4º, 5º e 6º posto amateur
- 1 trofeo ao millor truco en "Street" e en "Half-pipe"
- 1 trofeo ao millor local
- 1 trofeo á millor caída
- 1 trofeo ao máis loco