venres, 27 agosto 2004

Campionato IN-LINE Cidade de Vigo 2004, cultura sobre rodas

venres, 27 ago 2004

A competición celebrarase o sábado 28 e o domingo 29 no Skatepark do Castro e no Half-pipe de Samil respectivamente. Os seis primeiros clasificados poderán optar a un total de 17 trofeos e 12 medallas, así coma premios en especie. A inscrición custará 3 euros e deberá formalizarse o sábado pola mañán, antes das 16.00 horas.

A banda estadounidense "The Offspring" pechará o cartel de festas locais o 31 de agosto

venres, 27 ago 2004

O auditorio do parque de Castrelos será o lugar elixido polo conxunto para celebrar o seu único concerto en España. Os vigueses "Kannon" telonearán ao grupo de rock alternativo nun espectáculo que dará comezo ás 22.30 horas para dar paso á música de Offspring ás 24.00 horas. O precio da entrada será de dez euros, anticipada, e de 12 euros en taquilla.

Xunta de Goberno Local

venres, 27 ago 2004

A Xunta reunirase, en sesión ordinaria,o luns día 30 de agosto de 2004, ás 8.00 horas en 1ª convocatoria e ás 9.00 horas en 2ª convocatoria, para resolver un total de 33 asuntos.