O Cidade de Vigo de balonmán enfrontará ao Pilotes Posada contra un dos millores equipos de Europa
O trofeo, que terá lugar o vindeiro mércores a partir das 20.00 horas no pavillón de As Travesas, servirá de antesala para presentar á escuadra viguesa ante a súa afeción de cara a temporada 2004-2005.
Tras un total de sete victorias no seu palmarés, o conxunto que dirixe Quique Domínguez, enfrontarase o mércores ao Oporto, un dos millores equipos a nivel Europeo, na 13º edición do Cidade de Vigo de balonmán.
O encontro servirá de antesala de cara á presentación ás 19.30 horas do plantel vigués a falta dun mes para o comezo da temporada.
O do mércores será, sen dúbida, un encontro atractivo dado o rival elixido, o Oporto. Un dos equipos máis fortes de pretemporada e que se atopa preparando a eliminatoria da Liga de Campións.
Aínda que entre os obxectivos do Pilotes Posada non se descarta a victoria, para os homes de Quique Domínguez gañar non é o prioritario. Máis aínda, o importante é estar á altura e ceder minutos a cada un dos xogadores de cara ao comezo da temporada a mediados do mes de setembro.
Con todo, a concellería de Deportes que dirixe Lucía Molares, asegura que "aínda que o traballo o terán que facer eles, dende o Concello terán en todo momento o apoio institucional".
O encontro promete, e máis se se en conta que o Pilotes xa gañou sete das trece edicións do Cidade de Vigo fronte a equipos estranxeiros de grande calidade.
Tras 40 anos facendo do balonmán toda unha cultura de masas en Vigo, o club pide á afeción que non os abandonen durante a Liga, xa que "na División de Honor B hai equipos moi potentes e con maior presuposto que o Pilotes". A cambio, prometen esforzo e constancia co fin de alcanzar, de novo, a Liga Asobal.
Descargar todas as imaxes