Alcaldía
O IFEVI acollerá os días 5 e 6 de xullo a terceira edición de "Kokoro Japan Expo 2025"
martes, 24 xuñ 2025A fin de semana do sábado 5 e o domingo 6 de xullo o Instituto Feiral de Vigo acollerá a terceira edición de “Kokoro Japan Expo 2025”. Dedicado á cultura xaponesa, o manga, o anime, a gastronomía e os xogos, contará cunha extensa oferta de actividades e a presenza de invitados internacionais. O alcalde chama á participación da cidadanía de Vigo nunha exposición "moi entretida".
A Feira do Libro de Vigo, na Praza Compostela do 1 ao 7 de xullo
martes, 24 xuñ 2025Abel Caballero puxo en valor este martes a renovada colaboración do Concello de Vigo coa Federación Galega de Libreiros para a próxima edición da “Feira do Libro” que se celebrará do 1 ao 7 de xullo na Alameda da Praza Compostela. O rexedor destacou a interacción entre os escritores e os lectores que propicia a cita cultural anual.
Caballero anuncia 10 novas obras da ampliación do orzamento por valor de 9,8 millóns
martes, 24 xuñ 2025A ampliación do orzamento inclúe o reforzamento da estrutura da Praza do Rei para facer unha humanización de toda a praza “e poñela ao servizo da cidadanía” cun importe de 2,6 millóns de euros. Tamén o alcalde sinalou a humanización das rúas Mondariz, Soutomaior, Tomiño, Ronda de Don Bosco, Rosalía de Castro – entre República Argentina e Pontevedra –, mellora das instalacións do túnel de Beiramar, beirarrúas en Cesáreo Vázquez, o paseo da praia do Vao e a biblioteca de Teis.
O barrio de Ribadavia converterase “nun museo ao aire libre” con «Arte nas fiestras»
martes, 24 xuñ 2025Abel Caballero avanzou esta mañá o proxecto para recuperar a vida do barrio, pintando as xanelas tapiadas de edificios abandonados.
O alcalde aborda co embaixador de Malta en España a posibilidade do intercambio de estudantes novos
luns, 23 xuñ 2025Abel Caballero abordou este luns co embaixador de Malta en España, Emmanuel Mallia, a posibilidade de potenciar o intercambio entre estudantes e colexios, dentro da súa estratexia e empeño por fomentar a aprendizaxe e práctica do inglés. O diplomático explicou ao alcalde que a súa primeira visita a Vigo conclúe cunha impresión moi positiva tanto no relativo á seguridade como á comodidade da cidade, factores que cre que favorecen o intercambio de estudantes novos.
As fontes de Aragón ilumínanse de morado polo Día internacional da Síndrome de Dravet
luns, 23 xuñ 2025As fontes de Aragón ilumínanse de morado hoxe 23 de xuño polo Día Internacional da Síndrome de Dravet coa intención de contribuír a visibilizar esta enfermidade rara e grave, que desde o primeiro ano de vida causa crises epilépticas severas, atrasos cognitivos, motores e da fala, e un alto risco de mortalidade prematura.
Samil e Vialia acollen os días 10 e 11 de xullo o Encontro Internacional de Danza urbana "Vikul"
luns, 23 xuñ 2025A pista de patinaxe da praia de Samil e Vialia serán escenario, os días 10 e 11 de xullo, da décimo terceira edición do “Encontro Internacional de Danza Urbana. Vikul”. O alcalde animou á cidadanía a asistir aos espectáculos que cada ano reforzan o seu peso nas festas de Vigo.
A 58 edición do Rallye Recalvi Rías Baixas recupera a subida ao Castro
luns, 23 xuñ 2025Abel Caballero presentou este luns a 58 edición do Rally Recalvi Rías Baixas Gran Premio Concello de Vigo, que terá lugar o venres 4 e o sábado 5 de xullo, e que recupera a subida ao Castro.
O alcalde anuncia unha ampliación do orzamento de 6,1 millóns para 5 obras
luns, 23 xuñ 2025O aparcadoiro de Matamá, a humanización do ámbito de Progreso, a estrutura e peonalización do acceso á ermida da Guía, a humanización de Doutor Carracido e as escaleiras mecánicas de acceso ao parque Finca Matías. “Anunciarei outras 65 obras nos próximos días”, dixo Caballero.