Caballero anuncia 10 novas obras da ampliación do orzamento por valor de 9,8 millóns
A ampliación do orzamento inclúe o reforzamento da estrutura da Praza do Rei para facer unha humanización de toda a praza “e poñela ao servizo da cidadanía” cun importe de 2,6 millóns de euros. Tamén o alcalde sinalou a humanización das rúas Mondariz, Soutomaior, Tomiño, Ronda de Don Bosco, Rosalía de Castro – entre República Argentina e Pontevedra –, mellora das instalacións do túnel de Beiramar, beirarrúas en Cesáreo Vázquez, o paseo da praia do Vao e a biblioteca de Teis.

O alcalde numerou 10 novas obras que forman parte da ampliación do orzamento que se suman ás 5 xa anunciadas, “todas elas importantísimas”. O importe das 10 novas actuación achégase aos 10 millóns de euros.
O reforzo da estrutura da Praza do Rei serán 2,6 millóns de euros. Segundo explicou Caballero, “para facer unha humanización en toda a praza e poñela ao servizo da cidadanía”. Tamén a humanización de Mondariz con 860.000 euros, Soutomaior por 385.000 euros, Tomiño con 695.000 euros de presuposto. Tamén está a humanización da Ronda de Don Bosco por 168.000 euros, o tramo de Rosalía de Castro entre República Argentina e Pontevedra por 718.628 euros, as melloras no túnel de Beiramar por 2,9 millóns de euros, construción de beirarrúas en Cesáreo Vázquez por 975.000 euros, a mellora do paseo da praia do Vao por 1,4 millóns de euros e a biblioteca de Teis con 510.000 euros máis dos xa orzamentados.
“O conxunto das 15 obras xa anunciadas totaliza 15,9 millóns de euros”, concluíu o rexedor.