O Nadal sumou 6,3 millóns de visitantes en 2024
O alcalde cifrou esta mañá en 6,3 millones de visitantes dun día a afluencia turística da pasada campaña de Nadal. O Concello anunciou esta mañá que en próximos días se publicará a convocatoria do tradicional mercadiño da Praza Compostela.

O Concello segue a preparar o Nadal de 2025, unha celebración que “atrae a máis xente que ningunha outra cidade”. Tal e como avanzou hoxe Caballero, nos próximos días o BOPPO e a páxina web municipal publicará a convocatoria para licitar o tradicional mercadiño Cíes Market, que volverá instalarse la Praza Compostela. O contrato será por catro anos e será preciso manter as características de anos anteriores.
O rexedor lembrou que o pasado Nadal foi de récord, alcanzando os 6,3 millóns de visitantes no conxunto da campaña navideña, co que iso supón de apoio á hostalaría e ao comercio. Esta celebración “tira” do turismo do resto do ano que conta con outros atractivos como as festas do verán, os concertos de Castrelos ou o Marisquiño, co impacto positivo que ten na hostalaría e no comercio local.