O barrio de Ribadavia converterase “nun museo ao aire libre” con «Arte nas fiestras»
Abel Caballero avanzou esta mañá o proxecto para recuperar a vida do barrio, pintando as xanelas tapiadas de edificios abandonados.

“Imos iniciar a rexeneración do barrio de Ribadavia, levando adiante o proxecto «Arte nas fiestras», explicou o rexedor, engadindo que embelecerán a contorna, pintando 28 xanelas tapiadas de casas e edificios do barrio que se atopan abandonados.
Serán artistas do barrio os que se encargarán da dirección artística do proxecto, no que debuxarán escenas da vida cotiá das vivendas, e cos que os veciños colaboran coa pintura. Nestes intres, xa aplicaron unha capa de imprimación nas xanelas e están comezando a pintar de branco, de xeito que os artistas poidan ir debuxando o bosquexo.
Caballero indicou que de forma simbólica “recuperaranse a tenda do barrio coa súa froita e o seu pan ou o bar coas súas mesas e os seus clientes ilustres: Rosalía de Castro ou Castelao”. As casas volverán ter nenas e nenos asomando ás xanelas e ademais, coas pinturas “homenaxearase a Quino Salvo”, xogador e adestrador de baloncesto, nacido no barrio, onde pasou os seus últimos anos. O rexedor reivindicou que con este proxecto o barrio de Ribadavia converterase “nun museo ao ar libre”.



