O alcalde certifica coa concesionaria que o Auditorio Pazo de Congresos "segue en prazos" e abrirá "no cambio do inverno á primavera"

martes, 4 xan 2011

Abel Caballero explicou que o hotel colindante -xa rematado- abrirá as súas portas aproximadamente a mediados de febreiro, e o Auditorio Pazo de Congresos o fará posteriormente, cando rematen os "procesos finais" nos que se está inmerso actualmente, como a conexión da acometida eléctrica. O alcalde agradeceu a "participación nutrida" da cidadanía na proposta de nomes para o edificio na páxina web municipal, que rondan as 70.

Caballero ve "moi interesante" os proxectos de A Golpe de Pedal para habilitar carril bici en Vigo, no Área Metropolitana e na Península

luns, 3 xan 2011

O alcalde, Abel Caballero, afirmou hoxe luns que estudará as tres propostas de A Golpe de Pedal para levar o carril bici ao Castro e Castrelos, tamén de Cabo Home a A Guarda e un terceiro europeo que pasaría por Vigo á súa chegada á Península. A entidade solicitou a Caballero que lidere os proxectos en calidade de alcalde e presidente do Eixo Atlántico e da Rede Española de Cidades polo Clima.

O alcalde asegura que o Concello leva investido 2,5 millóns de euros na parroquia de Candeán

luns, 3 xan 2011

Abel Caballero avanzou este luns que, ao remate da construción do pavillón deportivo, a cifra de investimentos na parroquia viguesa rondará os 5 millóns de euros. O alcalde reuníuse hoxe con distintas asociacións de Candeán para pasar revisión aos proxectos municipais na zona e recoller as demandas de mellora dos veciños, como habilitar un "recinto veciñal" para ocio e encontro na zona sobre o túnel da autoestrada.

O Concello colabora coa Fundación Oscar Pereiro na Gala Benéfica do Viño e a Moda organizada en favor da Asociación Española contra o Cancro

xoves, 30 dec 2010

O alcalde, Abel Caballero, participou este xoves na presentación da gala que terá lugar o 21 de xaneiro ás 20:30 horas no Hotel Pazo Os Escudos para recaudar fondos para a loita contra o cancro, un evento que incluirá unha cata dunha decena de viños, desfile de novos deseñadores galegos e algunha sorpresa por confirmar. O aforo ascende a 300 persoas e o prezo do cuberto é de 50 euros, en favor da Asociación Española contra o Cancro.

Caballero propón que Concello, Deputación e Xunta "cooperemos" para unir Peinador con Londres, Frankfurt, Bruxelas e Milán

xoves, 30 dec 2010

O alcalde de Vigo anunciou este xoves a remisión de dúas cartas ao conselleiro de Infraestruturas, Agustín Hernández, e ao presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, para plantexar a cooperación das tres institucións na "consolidación internacional" do aeroporto vigués. Estas conexións garanten que, cun transbordo, Vigo estaría conectado con calquer aeródromo do mundo, como precisan os principais sectores económicos e industriais da urbe.

O alcalde cifra en 4.000 os empregos creados en 2010 pola acción municipal

mércores, 29 dec 2010

O balance do ano que remata realizado este mércores por Abel Caballero indica que os investimentos do Concello de Vigo en 2010 supuxeron a creación de 3.000 empregos, aos que súmanse outros 1.000 postos de traballo derivados da contratación directa e da formación municipal. Na loita contra a crise, o rexedor salientou a entrada "de cheo" nos sectores produtivos vigueses e anunciou a sinatura dun convenio coa factoría viguesa de PSA para dar "apoio activo a Citroën".

Abel Caballero asegura que o Concello humanizou 110 rúas no ano 2010

mércores, 29 dec 2010

O alcalde afirmou que as inauguracións de reformas de rúas efectuadas polo Concello en 2010 acadaron o medio centenar, aos que súmanse outras 60 humanizacións que foron licitadas e contratadas ao longo do presente ano. Caballero afirmou tamén que se inauguraron e reformaron 31 parques infantís, 14 biosaudables, 11 pistas deportivas e o goberno local licitou e contratou outros 50 parques para os máis pequenos nestes doce meses.