Caballero asegura que o modelo económico de Vigo "está sendo copiado" por concellos do resto de España
O alcalde vigués aboga por unha política de austeridade combinada "como facemos en Vigo, que permita xerar emprego e con déficit cero, sen endebedarse". Así o defenderá na tarde deste mércores no Pleno da Comisión de Administración Local da Federación Española de Municipios e Provincias, no que tamén estarán presentes o ministro de Facenda, Cristóbal Montoro, e o secretario de estado de Administracións Públicas, Antonio Beteta.
O vicepresidente da Femp e alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou esta mañá que os tipos de interese recollidos no decreto de pago a proveedores para os concellos son elevados, ao tempo que cualificou de razoables as outras dúas cuestións propostas polo Goberno central: os dez anos de devolución e os dous anos de carencia. Neste punto, recordou que este decreto non afecta ao Concello de Vigo, tal e como se recolle no borrador de orzamentos que está a punto de aprobarse, pero nesa reunión, indicou "defenderé a 8.100 concellos que non están na mesma situación financeira que Vigo". Caballero participará hoxe mércores no Pleno da Comisión de Administración Local da Federación Española de Municipios e Provincias, no que tamén estarán presentes o ministro de Facenda, Cristóbal Montoro, e o secretario de estado de Administracións Públicas, Antonio Beteta.
Durante a súa intervención cos medios de comunicación, destacou que nestes momentos se traballa co teito de gasto do Decreto aprobado en 2011 e que o borrador de orzamentos de Vigo pode axustarse a unha redución que se preveía. O rexedor abogará na reunión por unha política de austeridade combinada "como facemos en Vigo, que permita xerar emprego e con déficit 0, sen endebedarse". Insistiu en valorar a política financeira da cidade "posto que todos os concellos de España están copiando o modelo de Vigo".
Tamén criticou a ruptura da autonomía municipal -recollida na Constitución-, destacando o grande enfado que existe nos concellos de todos as cores políticas.