Escoitar

O Consello Municipal de Vigo convoca a manifestación do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres

Este ano o Consello Municipal da Muller de Vigo como símbolo da unidade do conxunto do movemento de mulleres nesta cidade convoca a manifestación o xoves día 8 de marzo baixo o lema: "Os dereitos das mulleres son os dereitos do mundo", que sairá ás 20:00 h da Farola de Urzaíz e rematará na praza da Constitución.

martes, 6 mar 2012
Convocatoira literal do Consello Municipal da Muller de Vigo
"Queremos que nesta manifestación encabezada polo conxunto das 23 organizacións de mulleres que formamos parte do Consello Municipal da Muller e a concellería de Igualdade a única simboloxía visibel sexa en exclusiva feminista, coa cor lila que é a que nos identifica, para isto repartiranse pegatinas e pancartas de man en cor lila con diferentes lemas acordados de forma unitaria entre todas as organizacións que formamos parte da comisión de organización deste 8 de marzo.

Facemos un chamamento moi especial a toda a cidadanía para que se implique e participe nesta manifestación demostrando que a cidade de Vigo somos pioneiras na loita pola igualdade como demostramos o 25 de novembro coa cadea humana "EnlazaVigo" contra a violencia de xénero".