Festival Alternativo das artes escénicas de Vigo " ALT.12" do 7 ó 11 de marzo
A concelleira de Cultura e Festas, Isaura Abelairas, ven de presentar a programación do Festival Alternativo das artes escénicas de Vigo " ALT.12" que se celebrará dende este mércores día 7 ata o domingo 11 de marzo. A inauguración do festival contará cun espectáculo de danza aérea que terá lugar na fachada sur do MARCO coa compañía Sacude Danza, ás 20 horas.
No festival participan nove compañías de artes escénicas, procedentes de comunidades autónomas como Cataluña, Euskadi, Andalucía ou Madrid, e con presencia de dúas montaxes galegas, como Mónica García e a Compañía das Marías. A representación dos espectáculos serán nos escenarios do auditorio municipal do Concello e o salón de actos do Marco. As entradas para todos os espectáculos será de 5 euros , e as entradas están a venda en www.laboleteria.es
A inauguración do festival, este mércores, contará cun espectáculo de danza aérea que terá lugar na fachada sur do MARCO ( a da rúa Londres e Progreso), coa compañía Sacude Danza, ás 20 horas.
Isaura Abelairas lembrou que alá polo ano 2002, sendo concelleira de Festas, o Concello de Vigo e a asociación cultural Noescafé Teatro, iniciaban un novo proxecto cultural co obxectivo de convertirse en referente dentro dos festivais de artes escénicas, e cunha filosofía clara de traer a Vigo as montaxes de teatro e danza máis alternativas a nivel estatal e incluso internacional: nacía o ALT.
Neste senso, a concelleira agradeceu o traballo e esforzo realizado por Noescafé Teatro e pola directora artística do festival, Lola Correa, a colaboración da área de Igualdade da Universidade de Vigo ( no espectáculo que conmemora o Día da Muller Traballadora o xoves 8 de marzo) e de Bankia, por apostar pola cultura nun momento como o actual.