Escoitar

Rede de Mulleres Veciñais. Videofórum

O martes 6 de marzo a Rede de Mulleres Veciñais ten previsto o visionado da película "Mulleres sen homes". A actividade terá lugar no Centro de Documentación e Recursos Feministas, situado na Biblioteca Central na rúa de Joaquín Yáñez 6 - 2º andar ás 18h.

luns, 5 mar 2012
1330942408peli.jpg
A convidada a esta actividade é Mina Shayan que é Licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Azad de Teherán e Estudante do Posgrao de Estudos de Xénero da Universidade de Vigo.

Mulleres sen homes é un filme no que as vidas de catro mulleres crúzanse durante os días do golpe de estado en 1953 en Irán, e atopan refuxio no xardín dunha casa de campo.Dese encontro, xorde unha historia de compañeirismo, consolo e amizade. Neshat retrata o papel da muller na sociedade iraniana daquela época. Trátase dunha adaptación da novela homónima da escritora iraniana Shahrnush Parsipur e a película supón o debut na dirección cinematográfica da artista Shirin Neshat.

Mulleres sen homes: «León de prata» á mellor dirección en Venecia.

Incluído dentro do programa de actividades do Centro de Documentación e Recursos Feministas (CDRF) da Concellería de Igualdade de Vigo
Descargar todas as imaxes