Escoitar
ANUNCIO DA CONCELLERÍA DE IGUALDADE

CONCURSO DE MICROVÍDEOS " 8 de marzo, Día Internacional da Muller – 2012 "

Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller, que se conmemora o día 8 de marzo, o Consello Municipal da Muller e maila Concellería de Igualdade do Concello de Vigo convocan este concurso, co fin de fomentar unha maior implicación e concienciación cidadá a favor da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres así como servir de canle para amosar as achegas que ao longo da historia fixeron e fan as mulleres ben de xeito individual ou colectiva.

venres, 2 mar 2012
1330609553contratipo2.jpg
Trátase dunha convocatoria libre na que poderán participar todas aquelas persoas físicas ou xurídicas maiores de dezaseis anos.

Cada participante poderá presentar un único microvídeo. Os microvídeos deberán estar en lingua galega e non superar os 3 mínutos de duración.

O formato de presentación será exclusivamente en liña, o tamaño máximo do arquivo de vídeo será de 100 Mb e estarán nos formatos dixitais: avi, mpg, flv, wmv, vob, mp4, mov e os de alta definición: mkv, ts e m2ts,etc.

Este concurso estará dotado cos seguintes premios:
- Primeiro premio: consistirá na entrega dun bono por importe de 500 €.
- Accésit: un accésit en función da calidade dos microvídeos, que consistirán na entrega dun bono por importe de 250 €.
Os bonos serán para a adquisición de material e/ou dispositivos de informática, imaxe e/ou son para trocar nos establecementos comerciais indicados pola organización.

Os premios poderán ser declarados desertos, de estimar o xurado que ningunha das obras presentadas reúnen as condicións necesarias.

Prazo da admisión: Do 1 ao 31 de marzo de 2012.

As persoas que concursen deberán cubrir o formulario de inscrición on-line. A/O participante garante a veracidade dos datos que achegue na ficha de inscrición. Os microvídeos, presentaranse únicamente a través do espazo web:www.igualdadevigo.org/concursovideos, onde as bases do concurso están á disposición das persoas interesadas. Máis información no tlf.: 986 810 284
Descargar todas as imaxes