Escoitar

O alcalde resalta que a concesión de licenzas de Finca do Conde cumpre un mandato xudicial

As dúas torres de vivendas de Finca do Conde obterán licenza por silencio administrativo, unha vez subsanadas as deficiencias detectadas pola xustiza. Segundo explicou o rexedor, trátase dunha decisión que cumpre un mandato xudicial posto que "cando unha edificación cumpre cos requisitos que lle esixe a normativa, é a lei a que obriga a dar licenza".

venres, 2 mar 2012
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, explicou esta mañá de venres que as dúas torres de Finca do Conde estaban en trámite de obtención de licenza urbanística e que, unha vez subsanadas as deficiencias detectadas pola xustiza, "pasan ao ámbito da legalidade". Logo de subliñar que nesta cidade desde "que este goberno está operativo se cumpre escrupulosamente a legalidade, explicou que segundo que "cando unha edificación cumpre cos requisitos que lle esixe, a normativa é a lei a que obriga a dar licenza".

Durante a súa comparecencia cos medios, avanzou que no caso do centro comercial Gran Vía, tamén en situación irregular, "será a Xunta de Galicia a que outorgue a licenza ou non". Concluíu reiterando que "nós aplicamos taxativamente a legalidade na xestión urbanística ".