Caballero cre que o circuíto municipal de carreiras populares "é un exemplo de como facer cidade e deporte saudable"
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou hoxe a cuarta edición do Circuíto Cidade de Vigo de Carreiras Populares, que este ano engloba a sete probas pedestres, seis con inicio e final no termo municipal e unha, a Vig-Bay, que sae de Samil e remata en Baiona.
"Dende a xente máis nova ata os veteranos poden inscribirse nestas probas", anunciou o alcalde, que considerou que este circuíto "ten un magnífico enfoque porque dá unha visión global do atletismo e as carreiras populares, engloba as actividades saudables e a cidade". Segundo Caballero, que felicitou aos organizadores pola súa iniciativa de contar con varias probas dende marzo a decembro no asfalto vigués, este circuíto "amosa que temos concepto de cidade cando miles de deportistas reúnense nas rúas de Vigo e, ademais, fomenta o deporte".
O rexedor municipal quixo pór de manifesto que o nivel de participación nestas carreiras "pon de relevo a crónica dun éxito espectacular. En 2008, 4.160 participantes concluíron estas carreiras, e en 2011 foron 8.129 os que cruzaron a meta. Case se duplicou o número, observou o alcalde", que referiuse tamén ao novo logo que presidirá as probas, un atleta formado por liñas que percorren a cidade como o plano dun metro. "É imaxinativo, certamente singular e sintetizou diversas zonas de Vigo".
Pola súa banda, o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, sinalou que "o Concello quere darrle pulo a este campionato e márcase o reto de superar os 10.000 participantes nestas probas de "running", ademais de cohesionar o mundo do atletismo.
O circuíto estará dotado este ano con 7.800 euros en premios (elévase a contía ao campión en cada unha das categoría de veteranos e veteranas) e conta coa novidade de que a inscrición será gratuíta e, ademais, automática para quen se inscriba na carreira da Universidade de Vigo, que se corre este sábado no campus vigués e que abre o circuíto. O prazo de inscrición no Circuíto estará aberto ata o 17 de xuño de forma presencial na Fundación VIDE e por internet a través da web www.championchipnorte.com. Dende que o circuíto púxose en marcha en marzo de 2009, a Concellería de Deportes repartiu uns 22.000 euros en metálico.
Pola súa banda, os organizadores das carreiras representadas no acto (Vig-Bay, errepetrés e Federación Galega de Atletismo) amosaron a súa satisfacción por esta iniciativa municipal que cada vez está máis consolidada e pediron "comprensión" aos cidadáns e cidadás que eses domingos ven cortadas algunhas rúas polo paso dunha morea de atletas, ademais de valorar que algunhas carreiras son "un gran escaparate" ao exterior e que neste circuíto "hai diferentes ritmos e distancias para todos".
Castrelos
O alcalde avanzou tamén que este ano "imos proceder á reforma do circuíto de Castrelos. Esta é unha demanda de anos dos atletas. Nos Orzamentos hai máis de 150.000 euros, unha cantidade certamente significativa, para un firme novo, acorde coa contorna porque non imos romper coa imaxe do parque, e para un sistema de dixitalización de tempos e ritmos" (similar a un control de balizas para toma de datos), dixo, "que vai ser realidade este ano".