Escoitar

O parque biosaudable da Praza de Portugal eleva a 37 os "ximnasios ao aire libre" da cidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este mércores un novo parque biosaudable. Os veciños da Praza de Portugal disfrutan xa de novas instalacións, situadas ao lado da área de lecer infantil. Con este "ximnasio ao aire libre" elévanse a 37 os parques para maiores distribuídos por toda a cidade. O rexedor lembrou na mañá de hoxe que "cando chegamos ao Goberno só había un".

mércores, 7 mar 2012
1331121679parque.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, explicou que o novo parque biosaludable da Praza Portugal eleva a 37 o número de "xinmanios ao aire" que xa funcionan na cidade. Esta mañá de mércores, durante a súa inauguración, o rexedor lembrou que "cando chegamos ao Goberno había un, agora xa hai 37 e temos previsto cinco máis".

Estas novas instalación reúnen sete aparatos "ben complementados" e están situadas ao lado do parque infantil. Deste xeito, apuntou, atendemos a todas as idades e continuamos co obxectivo de instalar un parque de maiores alí onde haxa demanda e a poboación sexa razonable porque "é unha forma de facer saúde e facer cidade", puntualizou.

A isto hai que sumarlle, engadiu, as actividades para maoires que se organizan desde o Concello: pilotes, tai chi, talleres de memoria... Cun orzamento de 20.000 euros, o Goberno municipal adica unos 20.000 euros na posta en marcha de cursos en centros de maiores, asociaicóns de veciños ou centros cívicos "nunha aposta decidida polo mantemento da saúde da xente maior".
Descargar todas as imaxes