venres, 22 mai 2009
Convocaranse cada semana comisións permanentes de seguemento de cada zona en obras, formada por representantes municipais e comerciais, e unha xeral de coordinación cada 20 días como a celebrada hoxe venres, na que participaron a Cámara de Comercio, a CEP e distintas Asociacións de Comerciantes. <br />
mércores, 20 mai 2009
Abel Caballero remitirá hoxe mércores unha carta á Consellería de Educación para que acometa a ampliación do comedor de nove centros escolares vigueses, "saturados" na actualidade e en previsión do aumento da demanda pola crise, que o alcalde estimou en 200 rapaces máis. Todas as solicitudes atenderanse, e o Concello ampliará en 200.000 euros a partida orzamentaria para cubrilas.
luns, 18 mai 2009
O alcalde continuará a presidir ProVigo, o presidente da Cámara de Comercio será Vicepresidente, o presidente da CEP ocupará o cargo de Secretario Xeral e o máximo responsable de Caixanova pasa a ser o Tesoureiro da Fundación. O Padroado, celebrado hoxe luns, pechou as contas de 2008, iniciou as directrices orzamentarias de 2009 e avaliou novas propostas para elaborar os novos estatutos.
venres, 15 mai 2009
Tanto Antón Louro como Abel Caballero salientaron a "boa marcha" dos proxectos do Goberno de España en Vigo, como a Alta Velocidade, a ampliación de Peinador, a nova estación de Urzáiz, as autovías, a Biblioteca do Estado e a nova depuradora, entre outros. Alcalde e delegado destacaron a "cooperación e lealtade" establecida entre as partes.
xoves, 14 mai 2009
Abel Caballero informou este xoves da aprobación na Xerencia de Urbanismo das licenzas de obra e actividade da gran superficie Decathlon, unha das sete grandes empresas que asentaranse no Polígono da Gandariña, que abrirá na primeira quincena de xuño, e creará "medio millar de empregos", avanzou o alcalde.
xoves, 14 mai 2009
O alcalde informou hoxe que o pasado martes 12 de maio, o departamento municipal de Urbanismo remitiu á Xunta de Galicia o seu informe favorable ao Plan Sectorial para a Cidade do Mar, que erixirase na ETEA. Así, Abel Caballero instou ao goberno autonómico a que acelere a aprobación definitiva do mesmo, pois o proxecto está "en estado avanzado".
O programa inclúe exposicións, ciclos de conferencias e concertos
mércores, 13 mai 2009
Con motivo do Bicentenario da Guerra da Independencia, a Sociedade Estatal de Conmemoraciones Culturais (SECC), baixo a coordinación do Ministerio de Cultura e o Concello de Vigo desenvolveron un programa de actividades centrado no bicentenario da Reconquista de Vigo e da Guerra da Independencia en Galicia.
mércores, 13 mai 2009
Abel Caballero entrevistouse este mércores coa Diretiva da Cooperativa de Taxis, reunión na que abordaron a localización dunha nova central que axunte todos os servizos e a incidencia das obras na cidade. Segundo indicou o alcalde, os taxistas "non están a notar grandes dificultades adicionais" polos traballos de mellora nas rúas, e salientou a súa "cooperación" ao respecto.
martes, 12 mai 2009
O alcalde, Abel Caballero, visitou hoxe martes os traballos de humanización na rúa Travesía do Pino, que estará finalizada "dentro de 20 días", adiantou o rexedor. O alcalde mostrou a súa "satisfacción" polas melloras, de 300.000 euros de investimento, obras "moi demandadas" pola veciñanza, segundo explicou.
venres, 8 mai 2009
Abel Caballero garantiu que o próximo curso, ante un posible incremento da demanda pola crise, o Concello dotará de "todos os fondos precisos para atender todas as becas" para comedores escolares, "sen límite de cantidade", explicou. O alcalde avanzou asemade que 10 centros precisan da ampliación do seu comedor, polo que solicitará á Xunta de Galicia que acometa as reformas para o próximo curso.