xoves, 11 xuñ 2009
Abel Caballero reuniuse onte mércores en Madrid co Presidente de AENA, Juan Ignacio Lema, encontro de "gran importancia" no que revisaron o estado das obras de Peinador, o seu Plan Director e acordaron crear un Comité de Rutas para potenciar o aeroporto vigués, o segundo en España despois do de Barcelona. <br />
mércores, 10 xuñ 2009
Abel Caballero e a Confraría do Cristo da Victoria acordaron este mércores que o percorrido habitual da procesión do Cristo deste ano remate na esquina de Príncipe coa rúa Colón, debido ás melloras na Porta do Sol. Ademais, instalarase no exterior da Colexiata unha gran pantalla para que os fieis que non poidan acceder ao recinto sigan desde fóra a celebración relixiosa.
martes, 9 xuñ 2009
Abel Caballero mostrou a súa "vontade absoluta" de por en marcha o proxecto e solicitou á Xunta de Galicia o inicio da declaración de supramunicipalidade do mesmo, seguindo o acordo plenario acadado en Vigo no mes de xaneiro. Tras a reunión deste martes co Xuiz Decano, o alcalde pediu á Xunta que avale ante o Poder Xudicial os medios materiais para a instalación do Xulgado Mercantil en Vigo.
luns, 8 xuñ 2009
Xulio Calviño, en representación municipal, e a Presidenta da ONCE en Galicia, Dolores Venancio, presentaron hoxe luns a programación da semana cultural previa á celebración en Vigo o vindeiro sábado 13 de xuño do Día da ONCE en Galicia. Actividades teatrais e musicais celebranse de balde ao longo desta semana e culminan o sábado no IFEVI, co presenza agardada de 600-800 afiliados de toda Galicia.
luns, 8 xuñ 2009
O alcalde entrevistouse este luns en Madrid co presidente de Portos do Estado, Fernando González Laxe, onde constatou a vontade da entidade para o desenvolvemento do Plan Nouvel e do porto vigués. Abel Caballero e González Laxe tamén abordaron as ampliacións portuarias e o desenvolvemento da Autoestrada do Mar.
venres, 5 xuñ 2009
"Ilustración e liberalismo. A música no limiar da Guerra da Independencia" é o título do ciclo de catro concertos que se celebran no centro cultural Caixanova os días 8, 9, 16 e 17 de xuño con motivo do Bicentenario da Guerra a Independencia de Vigo, que organiza conxuntamente a Sociedade Estatal de Conmemoraciones Culturais (SECC), baixo a coordinación do Ministerio de Cultura e o Concello de Vigo .<br />
venres, 5 xuñ 2009
Os escolares do CEIP Lope de Vega doan simbolicamente o seu peso en auga para a campaña "Todos somos auga" de aqualia Vigo.A empresa concesionaria da xestión integral da auga en Vigo, pon en marcha unha campaña de doazón de auga entre os máis pequenos para conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente que se celebra hoxe venres 5 de xuño. O obxectivo da campaña é concienciar á sociedade, e en especial aos nenos, da necesidade dun consumo responsable da auga.
venres, 5 xuñ 2009
Abel Caballero condeou hoxe venres os actos vandálicos, "que non se poden admitir", cometidos estes días por "minorías radicalizadas" na folga do metal. O alcalde ofreceu a súa "cooperación" á Xunta, aos empresarios e aos traballadores para que "movan ficha" na resolución do conflicto e chamou "á calma e ao diálogo" ás partes.
xoves, 4 xuñ 2009
Abel Caballero participou este xoves no plenario previo ao peche do Cumio sobre Liderado dos Gobernos Locais no Cambio Climático, que estase a celebrar en Copenhague. O alcalde vigués explicou que o modelo de humanizacións masivas e policéntricas melloran a calidade de vida dos cidadáns e o coidado do entorno. <br />
martes, 2 xuñ 2009
Abel Caballero participará o próximo xoves no Cumio sobre Liderado dos Gobernos Locais no Cambio Climático que se celebra en Copenhague. O obxectivo do mesmo é centrar o papel que xogan os gobernos locais nos acordos porteriores a Kioto. O alcalde intervén no plenario previo ao peche, no que os gobernos locais e centrais establecerán estratexias contra o cambio climático.<br />