Escoitar

Entrega dos galardóns de Vigueses Distinguidos e Medalla da Cidade 2012

O alcade, Abel Caballero, entregará a medalla da cidade de Vigo ó Museo Quiñones de León coincidindo co 75 aniversario da institución cultural nun acto que terá lugar hoxe martes ás 20 horas no Centro Cultural Novacaixagalicia.

martes, 27 mar 2012
1332847646reconq.jpg
No decurso do mesmo acto institucional o alcalde entregará os galardóns de Viguesas e Vigueses Distinguidos 2012 á Escola Rosalía de Castro, Paulino Freire, o Padre Carlos, Bertila Fernández, Enrique Landesa, Asociación Alborada e o equipo da Universidade de Vigo impulsor do Xatcobeo.

Acto praza da Independencia

O mércores, día 28, ás 12.00 horas na Praza da Independencia terá lugar o acto de homenaxe aos heroes de Reconquista. No decurso do acto procederase á lectura do Bando institucional por parte do alcalde e á colocación dunha coroa floral no monumento.

No acto actuará a Escola Municipal de Danza e a Banda da Escola de Música de Beade.
Descargar todas as imaxes