mércores, 15 xul 2009
O alcalde de Vigo acudíu este mércores a Samil para visitar os dous avións expostos na Casa das Palabras procedentes do Museo do Exército do Aire, un T-6 e un Supersaeta. Abel Caballero destacou o "éxito" das actividades que enmarcan o Festival Aéreo, como a exposición da Armada no Centro Cultural Caixanova, o que permite que o evento do vindeiro domingo avance "na liña que desexamos".
mércores, 15 xul 2009
Abel Caballero e o Presidente da Asociación de Persoas Xordas de Vigo, Miguel Ángel González, rubricaron este mércores o convenio de colaboración entre as organizacións polo que a Concellería de Participación Cidadá concede 6.000 euros de subvención ao colectivo para a contratación dun intérprete en lingua de signos.
martes, 14 xul 2009
Abel Caballero entrevistouse hoxe martes coa Asociación para pasar revisión ás cuestións do Casco Vello vigués relativas principalmente ao comercio. Vigo Vello presentou as súas inquedanzas e mostrou a súa satisfacción pola recuperación de vivendas e rúas que se está a levar a cabo no barrio. O alcalde comprometeuse a manter unha próxima reunión co colectivo.
martes, 14 xul 2009
O alcalde Abel Caballero visitou hoxe a exposición "20 anos na Antártida" que se está a amosar no Centro Cultural Caixanova. O alcalde estivo acompañado no acto polo almirante Arsenal, Santiago Bolivar e polo almirante de Acción Marítima Gonzalo Sirvent.
luns, 13 xul 2009
O alcalde, Abel Caballero, o presidente de Caixanova, Julio Fernández Gayoso, e o organizador do evento, Pablo González, presentaron este luns o Festival Aéreo Internacional de Vigo 2009, que celébrase o vindeiro domingo e procura ser "referente en España e Europa". O Concello agarda a visita de 350.000 persoas pola presenza de buques da Armada e avións inéditos en España.
luns, 13 xul 2009
O alcalde valorou positivamente esta conexión, cuxo proxecto está xa en fase de exposición pública, e que está chamado a converterse no "gran nó de comunicacións do sur de Galicia", pois conectará no futuro coas novas autovías a O Porriño e Pontevedra. O trazado suporá a eliminación de 90 aparcamentos no IFEVI pero abre un espazo para novas prazas maior ás que suprime.
venres, 10 xul 2009
O alcalde Abel Caballero reuniuse hoxe co presidente do grupo parlamentario socialista na cámara autonómica, Manuel Vázquez para tratar dos proxectos máis importantes para a cidade de Vigo. Neste senso Vázquez informou ao alcalde que o PSdG-PSOE proporá no parlamento galego iniciativas para que no mes de xullo debátanse tres asuntos capitais para a cidade como son a depuradora, o hospital e a cidade do mar.
xoves, 9 xul 2009
O alcalde Abel Caballero e o concelleiro de Xestión Municipal, Carlos Font, asistiron o pasado martes ao montaxe dos avións T-6 e Super Saeta que se poderán visitar no Verbum-Casa das Palabras do 13 ó 18 de xullo con motivo do Festival Aéreo Internacional de Vigo que terá o domingo 19 o día máis espectacular coa exhibición aérea da Patrulla Águila sobre a praia de Samil.
mércores, 8 xul 2009
O alcalde Abel Caballero acompañado do presidente do Colexio de Arquitectos, Salvador Fraga e o arquitecto Jesús Irrisarri asistiron hoxe a inauguración da Praza do Pobo Galego. O alcalde sinalou que "a Praza do Pobo Galego se recupera, erguese como o Ave fénix, sobre as súas propias cinzas érguese este extraordinario complexo arquitectónico e cidadán. Dous anos despois do seu inicio ábrese este proxecto que vai concluir coa reforma da rúa Doutor Cadaval".
luns, 6 xul 2009
O alcalde, Abel Caballero, acompañado da directora xeral de Rexistros e Notarías, María Angeles Alcalá Díaz, abriron hoxe a oficina do Rexistro Mercantil, tras 23 anos de demanda desta instalación. De xeito temporal a oficina está aberta no número 15 da rúa Luis Taboada de Vigo.