mércores, 22 xul 2009
O presidente da Xunta de Galicia garantiu ao alcalde "dar forma legal" a Área Metropolitana de Vigo segundo a "vontade" dos mesmos. Para iniciala, Núñez Feijóo acordou con Abel Caballero actualizar o acordo acadado por 14 municipios en 1999, e asegurou que a lei deixará aberta a posibilidade de ampliar o número de concellos.
martes, 21 xul 2009
Abel Caballero viaxou hoxe martes a Santiago de Compostela a presenciar a sinatura do protocolo para a Alta Velocidade entre o Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o Ministro de Fomento, José Blanco. O acordo, salientou o alcalde, garante as tres patas do AVE vigués: a conexión con A Coruña en 2012, o AVE directo a Madrid e o túnel de entrada e nova estación de Urzáiz.
martes, 21 xul 2009
Abel Caballero acudiu este martes ao Real Club Náutico de Vigo, onte tivo lugar a presentación da 46ª Regata Rías Baixas con saída e chegada na cidade olívica. Esta nova edición pretende converter á Regata no acontecemento máis importante de España da especialidade, para o que contou co apoio institucional do alcalde vigués e doutros rexedores das Rías Baixas.
luns, 20 xul 2009
Abel Caballero acudiu este luns ao Conservatorio Superior de Vigo, onde visitou un ensaio da Banda Sinfónica de Vigo, conformada para ofrecer o concerto do Día de Galicia. O alcalde sinalou que "Vigo necesita dun avance cultural correlativo á nosa marcha económica", polo que aboga por estabilizar os membros e a programación da Banda.
luns, 20 xul 2009
Abel Caballero abríu formalmente este luns a campaña de captación de abonados do Real Club Celta de Vigo para a nova tempada 2009-2010. No acto de presentación, realizado nas instalacións deportivas da Madroa coa directiva e o plantel da entidade, o alcalde salientou o vínculo existente entre o Club e a cidade.
luns, 20 xul 2009
Abel Caballero recibiu este luns aos tres funcionarios municipais que este ano xubílanse despois de cincuenta anos de traballo no Concello de Vigo. O alcalde fíxolles entrega dunha serigrafía institucional a María Digna Pérez Fernández, Carmen Figueroa Costas e José Alves Alfaya para agradecerlles o seu traballo na administración local.
luns, 20 xul 2009
O alcalde de Vigo asinou este luns co Presidente da Asociación de Veciños de Teis, Antonio Collazo, un convenio de colaboración polo que o Concello achega 55.000 euros para o mantemento, coordinación e xestión de actividades do Centro Cívico do barrio.
venres, 17 xul 2009
Abel Caballero recibiu este venres no Concello ao Comandante da "Almirante Juan de Borbón", Rafael Ceñal, recepción oficial para despois realizar ambos unha visita á Fragata, atracada no Porto de Vigo. A presenza da F-100 da Armada Española na cidade, que pode ser visitada pola cidadanía, forma parte dos actos previos ao Festival Aéreo do domingo.
venres, 17 xul 2009
O alcalde acudiu hoxe venres ao Porto de Vigo onde recibiu ás embarcacións Telefónica Azul e Telefónica Negro, que veñen de percorrer 37.000 millas náuticas durante oito meses na regata Volvo Ocean Race 2008-2009. Xunto co alcalde participaron na benvida o Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, o Director Territorial de Telefónica en Galicia y Asturias e o Director Xeral do Equipo Telefónica.
xoves, 16 xul 2009
Abel Caballero e a delegada do Consorcio, Teresa Pisano, acadaron este xoves un acordo para formalizar o convenio que permitirá ao Concello acometer o acondicionamento do pavillón e da piscina da ETEA con fondos de Zona Franca. A comezos do vindeiro ano, estimou o alcalde, estará listo "un dos complexos deportivos máis interesantes da cidade de Vigo".