Escoitar

Caballero reclama á Xunta que defenda o AVE por Cerdedo como "prioritario"

"Vigo non pode quedar marxinado da alta velocidade". Con este argumento Caballero reclamou hoxe mércores ao presidente da Xunta que "diga que o AVE de Vigo por Cerdedo é prioritario", en referencia a unhas "moi negativas" declaracións do líder autonómico nas que aseguraba que a prioridade nestes momentos é o eixo Madrid-Santiago-Coruña.

mércores, 30 mai 2012
1338392501MI7U5012.JPG
Abel Caballero explicou que o presidente da Xunta de Galicia retrocede 10 anos cando cuestiona o carácter prioritario do AVE Vigo-Ourense por Cerdedo. Pídelle que aclare a súa posición e que se desdiga "dunhas moi megativas declaracións" que marxinan a Vigo da alta velocidadade. Na súa comparecencia cos medios, Caballero subliñou que parace "que se busca que existan dúas Galicias, unha no norte e outra, a do sur".
Descargar todas as imaxes