Escoitar

Comeza o Festival Primavera do Cine

Dende este mércores día 30 e ata o sábado 2 de xuño, celebrase a primeira edición do Festival Primavera do Cine en Vigo, organizado polos colectivos Musiquina33mg e Reencanto Produccións, coa colaboración da Concellería de Cultura e Festas.

martes, 29 mai 2012
1338289266festivalcine.jpg
As proxeccións terán lugar no salón de actos do MARCO e no auditorio municipal do Concello; as entradas venderanse na taquilla dos espazos media hora antes do comezo de cada proxección, a un prezo de 2 € proxección, 3 € proxección máis gala e 4 euros a festa.
Descargar todas as imaxes